O BNG amosa a súa preocupación polo gromo de gastroenterite en Betanzos e solicita compensacións á veciñanza e aos negocios

Vanessa, Amelia e Salvador compoñen o grupo municipal do BNG

As nacionalistas esixen transparencia absoluta na xestión desta crise sanitaria, ao tempo que solicitan compensacións á veciñanza e aos negocios afectados, fundamentalmente á hostelaría.

“O BNG, leva moitos anos advertindo da ineficiencia e fallos do modelo de concesión que tiñamos e da necesidade de mudar o modelo a unha xestión directa polo Concello, a actual concesionaria leva operando sen contrato desde hai tres anos e temos a oportunidade de mudar un modelo que non dá o servizo que merecemos as betanceiras”.

Betanzos, 3 de xuño de 2023. O BNG amosou a súa fonda preocupación pola saúde das betanceiras afectadas pola contaminación da traída municipal. “Durante anos advertimos que as verteduras aos ríos tarde ou cedo afectan á saúde das persoas, como lamentabelmente estamos a ver” explica Amelia Sánchez. Neste sentido, as nacionalistas apelan tamén á responsabilidade da Xunta para erradicar os vertidos aos ríos como “a mellor medida de prevención diante de situacións como a que padece Betanzos”

“O Mendo padece recorrentemente episodios de vertidos ao longo da súa vacía, e Betanzos capta a auga na Acea”, lembrou Amelia Sánchez. Desde o BNG lembran que  os efectos dos vertidos agrávanse en épocas de choivas escasas como esta ao levar menor caudal o cauce do río. Para a voceira nacionalista, cómpre tamén que “a Xunta aclare se detectou algún foco de vertido augas arriba da Acea a última quincena e cando foi a última vez que fixo un varrido para evitar este tipo de situacións”.

Neste sentido, o BNG demandou a adopción de medidas urxentes para compensar os danos que a contaminación da traída está a ocasionar á veciñanza e os negocios afectados. “Urxe compensar, alén de non cobrar o servizo este mes, os danos que se está a provocar polo mal funcionamento dun servizo municipal básico aos pequenos negocios, sobre todo hostalaría” indicou Amelia Sánchez.

As nacionalistas reclaman ao goberno local que ofreza “toda a información xerada polo servizo municipal de abastecemento de auga nos últimos 15 días” para determinar as responsabilidades diante do episodio de contaminación que padece a traída. A portavoz municipal nacionalista, Amelia Sánchez, urxiu ao executivo local a “actuar coa máxima transparencia nun asunto tan grave como este e poñer toda a información a disposición da Corporación Municipal e a veciñanza”.

Por este motivo, Amelia Sánchez indica que é “imprescindíbel” poñer fin ao actual modelo da traída municipal. “O BNG, leva moitos anos advertindo da ineficiencia e fallos do modelo de concesión que tiñamos e da necesidade de mudar o modelo a unha xestión directa polo Concello” explicou. “O Pleno mesmo chegou a acordar dar os pasos e facer os estudos precisos para dar este paso cando vencese a concesión, en 2020” repasan as nacionalistas.

Desde o BNG engaden que “a actual concesionaria leva operando sen contrato desde hai tres anos e temos a oportunidade de mudar un modelo que non dá o servizo que merecemos as betanceiras”. “Ademais de ineficiente, está visto que este modelo non garante un control sanitario óptimo, e os vertidos de puríns ao Mendo augas arriba da Acea non son algo tan raro e exótico como para non medir máis que 4 parámetros rutineiros á auga”, abunda.

As nacionalistas celebrarán unha asemblea local o vindeiro luns onde avaliarán, entre outras cuestións, a situación da traída e acordarán as medidas que cómpre emprender.

O BNG amosa a súa preocupación polo gromo de gastroenterite en Betanzos e solicita compensacións á veciñanza e aos negocios