Amelia Sánchez lanza unha mensaxe a todas as persoas “que levan Betanzos na cabeza e no corazón”
“Confiamos fondamente en Betanzos e no noso proxecto e comprometémonos a traballar con xenerosidade, con diálogo e con ilusión, poñendo Betanzos sempre por diante”
Betanzos, 24 de maio de 2023.- A candidata do BNG, Amelia Sánchez, lanza unha mensaxe ás veciñas de Betanzos “que non se resignan á decandencia e ás oportunidades perdidas” para que apoien o proxecto do BNG. Nun vídeo que lanzou onte a través das redes sociais a candidata nacionalista apela ás persoas “que levan Betanzos na cabeza e no corazón, para sumar a todas aquelas persoas que credes que pode haber un Betanzos mellor”.
“Merecemos un goberno con proxecto, con entusiasmo, con ideas claras e ganas de traballar. Un goberno que atenda aos barrios e parroquias, que atenda a todos os veciños e veciñas. Merecemos un Betanzos en grande e con futuro”, explica Amelia Sánchez. “Confiamos fondamente en Betanzos e no noso proxecto e comprometémonos a traballar con xenerosidade, con diálogo e con ilusión, poñendo Betanzos sempre por diante”, engadiu.
Para iso pediu o apoio da veciñanza de Betanzos o vindeiro 28 de maio, “porque Betanzos Merece Máis”, concluíu.