Alegamos á resolución pola que se incoa o expediente para declarar BIC o Pasatempo para pedir maior proteción
As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.
Dende o BNG piden tamén que se extraiga a pasarela metálica de acceso ao parque dende a zona nova e a escaleira metálica, pola súa afección aos elementos orixinais do Parque.
O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina.
As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.
Dende o BNG piden tamén que se extraiga a pasarela metálica de acceso ao parque dende a zona nova e a escaleira metálica, pola súa afección aos elementos orixinais do Parque.
O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina.
Betanzos, 18 de abril de 2018. O BNG presentou hoxe as súas alegacións á resolución Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural o Parque do Pasatempo de Betanzos.
As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous. “Toda vez que o derrubo parcial veu demostrar que o que se crían muros macizos de formigón son en realidade acopio de cachotería e cascallo mesturado con terra. As vibracións ocasionadas por este denso tráfico comprometen a estabilidade do conxunto”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A vía é actualmente de titularidade municipal, logo de que a transferise o goberno galego ao Concello de Betanzos tras as obras de reacondicionamento executadas na primeira década deste século”, engadiu.
“Derivar a estrada permitiría eliminar as afeccións ao Parque do Pasatempo no tocante ás vibracións, recuperar o acceso orixinal a esta parte do vello e realizar traballos de prospección arqueolóxica e mantemento no espazo que actualmente ocupa a franxa da dita estrada que cruza os terreos da orixinal Horta de Don Juan. Esta actuación resulta, pois, de cara ao obxectivo de protexer o ben”, engadiu o nacionalista.
Dende o BNG piden tamén nas alegacións a eliminación da pasarela metálica que descansa sobre “uns piares ubicados nas inmediacións da beiravía no lado do novo parque e directamente sobre o muro orixinal do parque do Pasatempo no acceso á parcela leste, dando saída e descansando directamente o acceso peonil na soleira que conforma a cuberta da denominada ‘Gruta da Recoleta’. As paredes desta gruta evidencian o peso e as vibracións soportadas, con numerosas fendas doadamente visíbeis sobre o relevo da xirafa, ubicado á dereita do espectador que mira cara a dita gruta”, engadiu del Río, na liña que o BNG ven defendendo no Pleno nos últimos debates sobre investir parte do POS en amañar esta estrutura metálica.
Na mesma liña piden eliminar a escaleira metálica instalada integramente sobre o muro orixinal do recinto, cuxa saída está nas proximidades do denominado ‘Estanque da Gruta’ na zona onde se produciu o derrubamento parcial anteriormente sinalado. “Se ben conta con piares de carga na beiravía da estrada, non é menos certo que aporta unha carga adicional de peso á pasarela e muro xa citados, afeando o conxunto por supoñer unha pantalla paralela ao propio parque que non aporta ningunha solución de accesibilidade e si afeccións ao conxunto”, indicou o portavoz do BNG.
Engadir a delimitación o muro orixinal
O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina. “O único tramo do muro orixinal do parque que se conserva na súa ubicación orixinal, nas proximidades da Fonte das Catro Estacións, entre os edificios actuais do pavillón e a piscina municipais, que en orixe fixo de basamento á verxa de fundición actualmente emprazada no bergondés Pazo de Armuño. Este elemento debera incluírse tamén na delimitación do propio BIC por ser elemento orixinal e de cara a garantir a súa conservación e permitir a investigación en torno ás técnicas, materiais e solucións construtivas adoptadas no seu momento”, explican os nacionalistas nas súas alegacións.