O portavoz do BNG na Deputación visita Betanzos para coñecer de primeira man a situación do Pasatempo e o Casco Histórico

xuntanzapatrimonio
O deputado Xosé Regueira, o voceiro municipal, a responsábel comarcal do BNG e integrantes de Amigos do Pasatempo e Amigos do Casco Histórico nun intre da xuntanza

“Desde o BNG levamos tempo insistindo na necesidade do coidado é a posta en valor do noso patrimonio que se encontra nun estado de abandono moi preocupante e que debera ser a nosa maior fonte de riqueza”

O portavoz do BNG na Deputación visita Betanzos para coñecer de primeira man a situación do Pasatempo e o Casco Histórico

“Desde o BNG levamos tempo insistindo na necesidade do coidado é a posta en valor do noso patrimonio que se encontra nun estado de abandono moi preocupante e que debera ser a nosa maior fonte de riqueza”

Betanzos, 16 de outubro de 2017. O portavoz do BNG na Deputación provincial, Xosé Regueira, acompañado polo portavoz do BNG de Betanzos, Henrique del Río, e de membros da dirección comarcal e militantes e simpatizantes do BNG realizaron unha visita ao parque do Pasatempo con membros da Asociación de Amigos do Pasatempo o para coñecer de primeira man a situación do parque.

A continuación as nacionalistas celebraron unha reunión con membros desta entidade e mais da asociación de amigos do Casco Histórico para recoller as súas demandas e propostas e darlles traslado á institución provincial.

“Desde o BNG levamos tempo insistindo na necesidade do coidado é a posta en valor do noso patrimonio que se encontra nun estado de abandono moi preocupante e que debera ser a nosa maior fonte de riqueza”, explicou o portavoz do BNG no Concello de Betanzos, Henrique del Río.

O portavoz do grupo do BNG na Deputación provincial, Xosé Regueira, coincide cos membros de Salvemos el Pasatiempo no sentido afirmou que “a primeira labor que hai que levar a cabo no parque é a de limpeza e garantir que o espazo non continúe a deteriorarse no curto prazo”. Confirmou que a Deputación da Coruña ten unha consignación a nivel orzamentario que ronda o medio millón de euros para conveniar co Concello de Betanzos as primeiras actuacións para conseguir os obxectivos antes citados. O grupo do BNG púxose a disposición da asociación para recoller as achegas de consideren oportunas e recalcou a necesaria implicación da administración que ten as competencias en materia de patrimonio que é a Xunta de Galiza.

Xuntanza con Amigos do Casco Histórico para abordar a rehabilitación do barrio

Posteriormente mantivo unha reunión coa Asociación de amigos do Casco Histórico onde escoitamos as súas propostas en materia de rehabilitación e planificación do Casco Histórico de cara a que a Deputación estude as posíbeis axudas que se poidan implementar. O BNG local leva tempo reclamando que desde o goberno local se priorice a posta en valor do Casco Histórico sobre outros investimentos. O portavoz do BNG na Deputación recalcou o valor e as posibilidades do inmenso patrimonio que atesora a localidade de Betanzos. 

O portavoz do BNG na Deputación visita Betanzos para coñecer de primeira man a situación do Pasatempo e o Casco Histórico