Non temos para manter patrimonio e gastamos en pasarelas?

O Concello de Betanzos, co Pasatempo e o Casco Histórico totalmente abandonados, co noso patrimonio por completo a caer decidiu que as prioridades de investimento pasan por unhas cámaras, que por certo xa ían mercar con cargo ao Plan de obras e servizos do ano pasado, para poder instaurar o parking express no Casco Vello.

O goberno local, co único voto en contra do BNG, decidiu que a prioridade en canto a investimento no patrimonio sexa amañar a pasarela que une a parte nova coa parte vella do Pasatempo.

Non temos para manter patrimonio e gastamos en pasarelas?
Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio
A Asociación de Amigos do Pasatempo explícanos as urxencias do parque

O Pleno de decembro decidiu os gastos de investimento para o vindeiro ano que se van pagar con cargo aos cartos que achegue a Deputación a través do POS+ e que os concellos teñen que decidir en que gastar. O Concello de Betanzos, co Pasatempo e o Casco Histórico totalmente abandonados, co noso patrimonio por completo a caer decidiu que as prioridades de investimento pasan por unhas cámaras, que por certo xa ían mercar con cargo ao Plan de obras e servizos do ano pasado, para poder instaurar o parking express no Casco Vello.

O goberno local, co único voto en contra do BNG, decidiu que a prioridade en canto a investimento no patrimonio sexa amañar a pasarela que une a parte nova coa parte vella do Pasatempo. Pese a que dende o BNG, como nos advertiran desde asociación de amigos do Pasatempo, lles indicamos que o peso desta pasarela estaba prexudicando elementos históricos do Parque. 

En total van gastar 750 mil euros e nin un só euro vai a consolidar ou rehabilitar ningún elemento do Parque aínda que se encontra nunha situación extrema. Non se inviste tampouco no Casco Histórico que está totalmente abandonado e coas casas a caer. Iso si, despois vemos como día si e día tamén o alcalde se queixa de que non ten fondos para intervir no noso patrimonio. Cando, esperemos que non, caia outro elemento do Parque do Pasatempo, ou como sucedeu coa casa Gótica -por certo despois de anos prometendo a súa reconstrución, seguen sen reservar orzamento para facelo- ou a fábrica da luz escoitaremos de novo na prensa ao goberno e quen o apoia falar da traxedia que supón e da súa imposibilitade para actuar. 

Pois ben, gobernar é cuestión de marcar prioridades e dende o BNG pensamos que a prioridade se ten que pór sobre o que nos fai diferentes e únicos. Sobre o que pode e debe ser a nosa principal fonte de riqueza, como o foi en Allariz por exemplo, e que hai que escoitar á veciñanza e aos colectivos antes de tomar decisións que poden mesmo ser prexudiciais ademais de supor un gasto inútil. Seguimos despois de 3 anos de goberno esperando ver un cambio de formas e prioridades. Un desexo pendente para o ano novo. 


Artigo publicado orixinalmente no xornal "Betanzos e a súa comarca" do mes de xaneiro de 2018.
 

Non temos para manter patrimonio e gastamos en pasarelas?