Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG solicitou no Pleno servizos de bus aos campus e aos polígonos industriais

O BNG reclamou ao goberno local que retome as negociacións coas compañías de transporte colectivo para instaurar un servizo aos campus universitarios e aos polígonos industriais que dea solucións aos recorrentes problemas de mobilidade da nosa veciñanza

“Ademais de reiterar a escaseza de horarios e frecuencias nas liñas e os múltiples problemas que sofren desde a entrada en funcionamento do plan de transporte da Xunta, resaltan a problemática que ten a ver coas paradas para as subidas e as baixadas dos buses”

Ler novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O BNG solicita melloras na xestión do servizo de comedor e mañanceiros do CEIP Vales Villamarín

Os servizos de comedor e de mañanceiros son indispensábeis para a conciliación da vida familiar e laboral, polo que é necesario mellorar a súa xestión, actualizar o proceso de notificación das admisións e das bonificacións e realizar os trámites necesarios para eliminar as dúas quendas, indicou Amelia Sánchez.

No mesmo pleno solicitarase o mantemento, mellora, sinalización e posta en valor do camiño dos Caneiros, pechado de maneira parcial logo de varios derrubes no seu trazado.

Ler novas

O BNG e a Fundación Galiza Sempre presentaron na libraría Biblos en Betanzos o seu caderno sobre Antolín Faraldo

“Antolín Faraldo foi, en palabras de Murguía, o primeiro e o mellor dos precursores, Castelao situouno na Santa Compaña dos inmortais galegos no seu célebre Alba de Groria, recoñecendo o seu papel fundacional e Francisco del Riego viu nel ao “grande soñador” que teorizou por vez primeira o anceio de as galegas termos vontade de existirmos como tal e de gobernarmos nós mesmas a nosa casa común”

Ler novas