O BNG esixe información sobre varias verteduras en Betanzos
Segundo consta na documentación, producíronse tres verteduras en lugares diferentes de Betanzos no mesmo día de agosto das que non se deu información.
Betanzos, 13 de setembro de 2022.- O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa na sesión plenaria de agosto con fin de obter información sobre un total de tres verteduras que tiveron lugar a mediados do mes de agosto.
En palabras da voceira nacionalista, Amelia Sánchez, “na relación de decretos da que se deu conta na mencionada sesión plenaria aparecen escritos tres decretos que fan referencia a verteduras no noso concello. Tratarías de verteduras de residuos no entorno do polígono ou zona industrial do Peirao, no Monte Aberto de Piadela e en Montellos”.
As nacionalistas solicitaron a documentación completa que recolle a información sobre estas verteduras. Asemade, pediron coñecer cales foran as zonas, tanto terrestres como marítimas ou fluviais que se viran afectadas, se fora avisado o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil destas verteduras e a orixe das mesmas.