O BNG solicitou no Pleno servizos de bus aos campus e aos polígonos industriais

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG reclamou ao goberno local que retome as negociacións coas compañías de transporte colectivo para instaurar un servizo aos campus universitarios e aos polígonos industriais que dea solucións aos recorrentes problemas de mobilidade da nosa veciñanza

“Ademais de reiterar a escaseza de horarios e frecuencias nas liñas e os múltiples problemas que sofren desde a entrada en funcionamento do plan de transporte da Xunta, resaltan a problemática que ten a ver coas paradas para as subidas e as baixadas dos buses”

O BNG solicitou no Pleno servizos de bus aos campus e aos polígonos industriais

Betanzos, 29 de setembro de 2022.- . O BNG solicitou no Pleno servizos de bus aos campus e aos polígonos industriais. “O BNG solicitou que se ofertasen servizos de transporte colectivo por estrada aos campus universitarios e aos polígonos industriais que rodean o noso concello, uns servizos que paliarían a crecente demanda de transporte público a estes puntos, que axudarían á mobilidade por motivos laborais e estudantís e que mellorarían a economía familiar de termos en conta o alto prezo dos combustíbeis”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. 

O BNG reclamou ao goberno local que retome as negociacións coas compañías de transporte colectivo para instaurar un servizo aos campus universitarios e aos polígonos industriais que dea solucións aos recorrentes problemas de mobilidade da nosa veciñanza.

Sinalización das paradas e información

Ademais o BNG, fíxose eco das queixas das persoas usuarias do transporte público. “Ademais de reiterar a escaseza de horarios e frecuencias nas liñas e os múltiples problemas que sofren desde a entrada en funcionamento do plan de transporte da Xunta, resaltan a problemática que ten a ver coas paradas para as subidas e as baixadas dos buses”, explicou a voceira nacionalista.

“As usuarias protestan pola escasa información ao respecto e indican que resulta imposíbel saber onde se collen e se deixan os autobuses se non se reside en Betanzos e non se coñece esta información”, engadiu Sánchez. Desde o BNG pediron que o goberno local sinalice de maneira clara e precisa os puntos de chegada e de saída das diferentes liñas de autobús que atravesan a nosa cidade. 

Parada escolar de Bellavista

“Na mesma liña, as familias usuarias da parada escolar de Bellavista alertaron da perigosidade da parada de autobús escolar do barrio. O autobús escolar para ao pé dunha casa en risco de derrube, nunha beirarrúa estreita e a carón dunha das estradas con maior tránsito do concello. Pode o concello habilitar unha parada digna para esta e outras liñas de autobús escolar?”, concluíu a portavoz nacionalista. 

O BNG solicitou no Pleno servizos de bus aos campus e aos polígonos industriais