O BNG pediu ao goberno local que solicite á Xunta e a Deputación melloras no cruce de Montellos
A veciñanza de Montellos así como as persoas que conducen a diario pola AC-542 entre Betanzos e o Mesón do Bento téñennos alertado da perigosidade do cruzamento entre esta estrada e a vía que une Cortiñán con Vilacoba DP-0105
Betanzos, 4 de outubro de 2022.- O BNG pediu ao goberno local que solicite á Xunta e a Deputación melloras no cruce de Montellos entre a estrada que une Betanzos co Mesón do Vento e a que vai de Cortiñán cara a Vilacoba. “A veciñanza de Montellos así como as persoas que conducen a diario pola AC-542 entre Betanzos e o Mesón do Bento téñennos alertado da perigosidade do cruzamento entre esta estrada e a vía que une Cortiñán con Vilacoba DP-0105”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez.
“Neste cruce son frecuentes os accidentes con danos materias nos vehículos e nas vivendas próximas, xa que soporta un denso tráfico, especialmente de camións, autobuses e outros vehículos pesados que a duras penas viran e invaden outros carrís”, engadiu a voceira nacionalista.
Por iso desde o BNG pediron ao goberno local que solicite á Xunta de Galiza e a Deputación da Coruña que eliminen este punto perigoso da nosa rede viaria e que concreten prazos para buscarlle unha solución.