Pedimos no Pleno que o goberno local que concrete que pasos deu para recuperar a Casa Gótica
Hai uns meses o goberno local ofreceulle ao goberno da Xunta a posibilidade de mercar a Casa Gótica dentro do plan Rexurbe. Desde o BNG pregúntanse se hai algún tipo de actuación con respecto a este anuncio ou se só é, máis unha vez, un anuncio nos medios sen ningún contido.
As nacionalistas demandan ao goberno local que marque condicións e prazos para darlle solución ao tema da casa Gótica antes de chegar aos 10 anos da súa desaparición.
O BNG ven de rexistrar no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas demandando ao goberno galego que retome o procedemento sancionatorio e para que aclare por que non se reabriu coa sentenza.