Satisfeitas diante do anuncio da Xunta e pediu compromisos concretos para rehabilitar o Pasatempo
“Polo de agora, con todo, o único compromiso firme de investimento na rehabilitación do Pasatempo segue a ser o da Deputación”
“Se Xunta e goberno local acabaron mudando de postura, foi en boa medida grazas á presión exercida pola veciñanza e asociación de amigos do parque, aos que parabenizamos polo seu traballo”
“Polo de agora, con todo, o único compromiso firme de investimento na rehabilitación do Pasatempo segue a ser o da Deputación”
“Se Xunta e goberno local acabaron mudando de postura, foi en boa medida grazas á presión exercida pola veciñanza e asociación de amigos do parque, aos que parabenizamos polo seu traballo”
Betanzos, 25 de maio de 2018. O BNG amosou a súa satisfacción diante do anuncio da Xunta de aportar axuda técnica á redacción do proxecto de rehabilitación do Pasatempo. “Lamentamos o tempo perdido, porque se admitisen a nosa emenda aos orzamentos desde ano xa teriamos proxecto e cartos, pero obviamente mellor isto que nada”, abundou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
As nacionalistas manifestaron a súa satisfacción por que o goberno galego asuma a súa responsabilidade na rehabilitación e conservación do Pasatempo. “Se Xunta e goberno local acabaron mudando de postura, foi en boa medida grazas á presión exercida pola veciñanza e asociación de amigos do parque, aos que parabenizamos polo seu traballo”, entende Del Río.
O nacionalista salienta que “polo de agora, con todo, o único compromiso firme de investimento na rehabilitación do Pasatempo segue a ser o da Deputación” desde as áreas de cooperación cos concellos, patrimonio e cultura que dirixen deputadas do BNG. Neste sentido, demandou do goberno local “que se poña as pilas neste asunto”, dado que “O Concello aínda non ten sequera contratada a redacción do proxecto de rehabilitación, malia que presentou o anteproxecto hai case dous anos”. Entende que este tempo foi “un precioso tempo perdido” polo que demanda á Xunta que comprometa “xa” unha cantidade concreta para a recuperación do parque.