O BNG pide que se faga público o gasto total na saída da etapa da Vuelta

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Rïo, voceiro do BNG no Concello

“Cando se soubo que unha etapa da Vuelta Ciclista sairía de Betanzos preguntamos ao goberno local polo custo que isto tería para o Concello, e a resposta foi que o Concello non gastaría un peso, mais é obvio que houbo gasto en polos rotulados, 3000 racións de tortilla, globos xigantes de helio, etc”

O BNG pide que se faga público o gasto total na saída da etapa da Vuelta

“Cando se soubo que unha etapa da Vuelta Ciclista sairía de Betanzos preguntamos ao goberno local polo custo que isto tería para o Concello, e a resposta foi que o Concello non gastaría un peso, mais é obvio que houbo gasto en polos rotulados, 3000 racións de tortilla, globos xigantes de helio, etc”

Betanzos, 6 de setembro de 2016. O BNG demandou no Pleno que o goberno local explique canto gastou para a saída da etapa da Vuelta Ciclista que partiu desde o Campo. Recordan que “cando se soubo que unha etapa da Vuelta Ciclista sairía de Betanzos preguntamos ao goberno local polo custo que isto tería para o Concello, e a resposta foi que o Concello non gastaría un peso”.
 
Porén, as nacionalistas indican que, segundo información feita pública nos medios de comunicación polo equipo de goberno, cando menos se gastou en “polos rotulados, 3000 racións de tortilla para repartir gratuitamente ou globos xigantes de helio coa campaña publicitaria do goberno local que presuntamente promocionaban o globo de San Roque, etc”.
 
“Resulta obvio, polo tanto, que era mentira que o evento non fose custar un peso para o Concello, fose directa ou indirectamente” afirmou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, no Pleno. Por este motivo, desde o BNG demandaron ao executivo que concrete “a canto ascenden os gastos neste evento” dado que “no orzamento aprobado por PSOE, BN e CxG non figuraba ningunha partida específica para isto”.
 
Ademais, as nacionalistas denunciaron que entre o persoal que repartiu as racións de tortilla figuraba “persoal dunha empresa privada contratada para realizar tarefas de apoio na organización da Feira Franca Medieval que curiosamente estaba contratado a tal fin até o 24 de agosto”. “Que relación ten isto co apoio á Feira Franca Medieval”, preguntou Del Río.

Electoralismo con fondos públicos

O BNG cuestionou tamén a presenza, entre as personalidades convidadas polo Concello a presenciar a saída da etapa do candidato á Xunta polo PSOE. “Exactamente que cargo público ten este señor e que relación ten coa cidade para que o convidasen” cuestionou o edil nacionalista. As nacionalistas cuestionan que, ademais, integrantes do equipo de goberno repartisen as racións de tortilla “para facer electoralismo coa medida”. “Se o PSOE quere facer estas cousas, que as faga, ala eles, pero non con cartos e medios do Concello”, advirten desde o BNG

O BNG pide que se faga público o gasto total na saída da etapa da Vuelta