Lamentamos que o goberno local alegue ao BIC do Pasatempo para defender os intereses dos promotores inmobiliarios
“A intención do PSOE de promover unha ordenación no Carregal similar á prevista no frustrado plan xeral está detrás” das alegacións presentadas en nome do Concello polo goberno local.
O BNG presentou alegacións centradas en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.
“A intención do PSOE de promover unha ordenación no Carregal similar á prevista no frustrado plan xeral está detrás” das alegacións presentadas en nome do Concello polo goberno local.
O BNG presentou alegacións centradas en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.
Betanzos, 5 de maio de 2018. O BNG cuestionou no Pleno que o goberno local presentase a nome do Concello unhas alegacións á declaración de BIC do Pasatempo que van contra o sentir maioritario da Corporación. “As alegacións, polo que puidemos saber, reproducen a posición de parte do PSOE manifestada varias veces no pleno de limitar as afeccións patrimoniais ao mínimo para preservar o desenvolvemento urbanístico no Carregal” recordou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Desde o BNG recordan que esa posición do PSOE de condicionar a protección patrimonial do Pasatempo á ordenación urbanística que se vaia facer no Carregal é “unha posición, como se evidenciou varias veces en Pleno, minoritaria dentro da Corporación”. Neste sentido, cuestionan que o executivo local non negociase as alegacións do Concello cos outros grupos da Corporación. “Se o goberno local quería presentar unhas alegacións para reducir o ámbito de protección patrimonial do Pasatempo, sabendo que é unha opinión que ninguén máis comparte na Corporación, debían telas presentado a nome do PSOE, pero non a nome do Concello”, abunda Del Río.
As nacionalistas reproban que “non só é que non consensuasen a posición do Concello co resto da Corporación, é que nin sequera nos informaron de que ían presentar alegacións para reducir a protección prevista e tivemos que nos enterar pola prensa”. Indican que a intención do PSOE de promover unha ordenación no Carregal similar á prevista no frustrado plan xeral está detrás desta actitude.
O BNG presentou alegacións centradas na conservación do Parque
O BNG presentou alegacións centradas en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous. “A vía de titularidade municipal e hai alternativas para o tránsito rodado, polo que non hai ningún impedimento”, engadiu.
Dende o BNG piden tamén nas alegacións a eliminación da pasarela metálica que descansa sobre a Gruta da Recoleta e a escaleira metálica que oculta parcialmente a vista do parque, engadida polo goberno local do PP e sen ningunha utilidade. “Derivando a estrada e incorporando o espazo ao parque, temos un acceso a nivel, a completar con varias portas traseiras que o Pasatempo ten e que garanten moito mellor a accesibilidade universal ao conxunto do parque de mellor forma que a pasarela”, indicou o portavoz do BNG.
O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina. “O único tramo do muro orixinal do parque que se conserva na súa ubicación orixinal, nas proximidades da Fonte das Catro Estacións, entre os edificios actuais do pavillón e a piscina municipais, que en orixe fixo de baseamento á verxa de fundición actualmente emprazada no bergondés Pazo de Armuño. Este elemento debera incluírse tamén na delimitación do propio BIC por ser elemento orixinal e de cara a garantir a súa conservación e permitir a investigación en torno ás técnicas, materiais e solucións construtivas adoptadas no seu momento”, explican os nacionalistas nas súas alegacións.