Cremos que “convivir co polígono industrial ten que ser unha oportunidade” para Infesta
“A comarca e o pais precisan maior desenvolvemento industrial, pero ten que ser respectuoso co medio e coas persoas”.
“A comarca e o pais precisan maior desenvolvemento industrial, pero ten que ser respectuoso co medio e coas persoas”.
“As queixas veciñais e as causas abertas a esta empresa por presuntos delitos medio ambientais sucédense sen que, polo momento, transcendese que a Xunta nin o concello de Betanzos teñan tomado medida ningunha para por solución a esta situación”.
As nacionalistas solicitarán na súa moción que o Pleno inste á empresa Betanzos HB ao cumprimento da normativa en materia de tratamento de residuos e que se persoe nas causas abertas contra a empresa para poder coñecer e informar á veciñanza dos riscos para a saúde destes vertidos e emisións.
Ademais pedirán ao concello que inste á Xunta, competente en materia medio ambiental que actúe para esixir á empresa Betanzos HB o cumprimento da normativa en tratamento de residuos e das normas sobre emisión.
Henrique del Río lembrou que o servizo permitiría vertebrar toda a área metropolitana da Coruña e ofrecer unha alternativa fronte a unhas estradas saturadas.