O BNG denunciou no Pleno un novo vertido industrial en Infesta

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

“O verquido que se produciu no monte de detrás da factoría alcanzou as vivendas e a vía do tren provocando certa alarma entre os residentes na zona”

O BNG denunciou no Pleno un novo vertido industrial en Infesta

Betanzos, 5 de outubro de 2021.- O BNG denunciou no Pleno un novo vertido industrial en Infesta. “Segundo información que nos facilitou a veciñanza, o pasado día 16 de agosto produciuse un verquido de lodos procedentes da fábrica de Betanzos HB na zona” explicou a voceira nacionalista, Amelia Sánchez. 

Segundo os datos fornecidos pola veciñanza, “o verquido que se produciu no monte de detrás da factoría alcanzou as vivendas e a vía do tren provocando certa alarma” entre os residentes na zona, abundou a portavoz municipal do BNG. Algunhas destas persoas terían, ademais, presentado denuncias diante do Seprona. 

As nacionalistas demandaron ao goberno local que aclare se instruíu algún expediente en relación con este vertido e exixiron que aclarasen as medidas que a Administración Municipal adoptou. Amelia Sánchez recordou que “estes verquidos se veñen producindo desde hai anos”, polo que desde o BNG demandan “contundencia ao goberno local para poñer fin a estes episodios recorrentes de vertidos industriais en Infesta”.

Desde o BNG pediron que se lles facilite a documentación en relación con este novo verquido e que se tomen medidas para evitar estes episodios que se veñen repetindo periodicamente na zona desde hai anos. 

O BNG denunciou no Pleno un novo vertido industrial en Infesta