Eleccións municipais 2023
Novas

BNG negociará un acordo para apoiar a investidura de María Barral como alcaldesa

“Nesa liña, e en función da vontade do PSOE de chegar a acordos para que Betanzos teña un goberno estábel e dar un xiro cara a políticas de esquerda e á transparencia no goberno, valoraremos no futuro a posibilidade dun acordo de goberno”

Amelia Sánchez: “este acordo negociarase en base a mudanzas na liña do goberno en temas fundamentais como o PXOM ou a xestión directa de servizos como a auga”

Ler novas
Opinión

Betanzos Merece Máis!

A proposta do BNG está clara, un proxecto ilusionante que se basea en todo o potencial que Betanzos ten de base para volver ser o que xa foi: a cabeceira dunha comarca puxante e un dos concellos de referencia no norte de Galiza.

Ler novas
Novas

O BNG creará un centro de interpretación da cidade medieval e o Reino de Galiza na Torre de Lanzós

“Se hai unha política en Galiza claramente transformadora, esa é a política municipal do BNG, abonda ver como en vilas e cidades similares a Betanzos, coma Allariz, Ribadeo ou Pontevedra o BNG transformou para mellor a cidade e, o fundamental, mellorou a calidade de vida da veciñanza”

O programa de goberno do BNG aposta por un Betanzos máis sostíbel, “contratando o subministro enerxético a cooperativas que producen con enerxías renovábeis e que reinvistan no noso país os beneficios, por mudar o modelo de recollida do lixo, apostando pola reciclaxe e a compostaxe, por rematar o saneamento e exixirlle a Xunta e Estado que poñan fin á contaminación na nosa Ría e por estudar a remunicipalización da traída e o saneamento"

Ler novas