O BNG emendará os orzamentos da Xunta por esquecer Betanzos
O PP utilizou a Xunta na campaña das municipais para facer a súa propaganda electoral. Adquiriron unhas casas que agora non teñen ningunha intención de rehabilitar. Para disimular esta cuestión o PP levou ao Pleno facer un plan integral do Casco, tentando transmitir a impresión de que fan algo por unha zona histórica que tiveron esquecida cando gobernaron Betanzos.