O BNG traballa para conseguir medios económicos para a rehabilitación do Casco Histórico
“O compromiso da Xunta era de maio deste ano, non de hai anos”.
“O compromiso da Xunta era de maio deste ano, non de hai anos”.
Betanzos, 9 de novembro de 2011. O BNG compareceu publicamente esta mañá para avanzar a súa intención de emendar as contas da Xunta. O voceiro municipal, Henrique del Río, e a deputada Ana Luísa Bouza explicaron que “o BNG traballa para conseguir medios económicos para a rehabilitación do Casco Histórico”. Ana Luísa Bouza advertiu que “ao votar as emendas xa se verá cal é a intención real do PP”.
“O PP usou á Xunta para a campaña das municipais cando non ten ningunha intención de implicarse na recuperación do Casco” censurou Henrique del Río. Neste sentido, ironizou con que “a rehabilitación exemplar da zona histórica que ía facer a Xunta segundo o PP se convertiu nunha actitude moi pouco exemplar dado que nin sequera se evita a ruína das casas que mercou”.
“O compromiso da Xunta era de maio deste ano, non de hai anos” insistiu Buza, que indicou que o goberno do PP xa sabía que cartos tiña para investir e cal era a situación económica.
“A actitude do alcalde do PSOE é lamentábel, a Xunta estalle dicindo que a rehabilitación do Casco non é unha prioridade e el dálles as grazas”, coincidiron os nacionalistas.