AP-9 galega e libre de peaxes, unha mellora para Betanzos
Cantas betanceiras poden facer fronte aos case 2€ que custa cada traxecto entre Betanzos e A Coruña ou aos máis de 7€ que cómpre desembolsar por ir desde Betanzos a Compostela?
Cantas betanceiras poden facer fronte aos case 2€ que custa cada traxecto entre Betanzos e A Coruña ou aos máis de 7€ que cómpre desembolsar por ir desde Betanzos a Compostela?
No BNG levamos anos (décadas!) a presentar de maneira continua e incansábel iniciativas encamiñadas cara a dous obxectivos: conseguir a transferencia da AP-9 para Galiza e eliminar as peaxes abusivas que as galegas e galegos pagamos por utilizar esta autoestrada.
Unha rebaixa, asemade, que significaría un grande beneficio para Betanzos e para a nosa comarca xa que permitiría que o tráfico pesado cruzase a ría pola ponte da autoestrada en lugar de polo centro de Betanzos, co perigo que supón na Angustia, na Ribeira e na Ponte Vella.
“As betanceiras pagamos as peaxes da área metropolitana que asumiron outras administracións e tamén pagamos directamente a peaxe cada vez que imos cara A Coruña desde Betanzos, e a concesionaria, pola contra, nin paga o IBI ao Concello por outro privilexio franquista, nin permite pasar o tráfico pesado sobre a ría, senon que o temos polo medio da cidade”
“Ademais de ser inxusta porque nos cobra por aparcar nas nosas rúas, a ORA é inxusta socialmente porque a taxa é a mesma para un millonario que para unha persoa sen recursos”
“É triste que PSOE, BN e CxG pensaran máis en amolar ao BNG que na veciñanza e non tivesen en conta que co traspaso da AP9 acabariamos por fin coa peaxe de Macenda”
“Recuperar a Autoestrada sería un grande beneficio para o país e para a comarca, acabaría con esta discriminación e permitiría que o tráfico pesado cruce a ría pola ponte da Autoestrada en lugar de provocar perigo ao paso pola Angustia, a Ribeira e a Ponte Vella”