Volvemos denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do Carregal
“Pedímoslle á veciñanza afectada que ao rematar as súas consultas presente unha queixa ao SERGAS para poñer en evidencia que hai un problema pola falta de médicos”
“Pedímoslle á veciñanza afectada que ao rematar as súas consultas presente unha queixa ao SERGAS para poñer en evidencia que hai un problema pola falta de médicos”
“Parece que para o PP quen vivimos fóra das grandes cidades non temos dereito a unha sanidade de primeira”
“o persoal ten todo o dereito do mundo a ter os seus permisos e vacacións, pero a veciñanza temos o mesmo dereito a ter un servizo de calidade e a Xunta a obriga de garantilo”
Pensamos que o Concello de Betanzos ten que, dunha vez, tomar cartas no asunto e demandar de xeito contundente ao PP que remate con estes recortes nun servizo público básico como é a sanidade e que contrate o persoal necesario para dar un servizo de calidade e evite as interminábeis listas de agarda e os colapsos.
“A negativa a cubrir as vacacións do persoal repercute directamente na calidade do servizo". "Non é xusto que teñamos peores servizos en vilas e concellos rurais que na cidade.”
“Obviamente isto incide directamente na calidade asistencial do servizo que van recibir os pacientes, pola sobrecarga de traballo qeu van ter os médicos que quedan”. "Non é xusto que teñamos peores servizos en vilas e concellos rurais que na cidade”.
Este feito non é puntual, senón que en abril xa presentaron unha moción similar tanto nos concellos da comarca como no Parlamento Galego para mellorar os servizos de pediatría e matrona
“No centro de saúde de Betanzos hai 2 pediatras, para o concello de Betanzos máis os de Coirós, Irixoa e Aranga, que non teñen este servizo e teñen como centro de referencia Betanzos e en agosto estivo só con un porque non se cubriron as vacacións”