A CASA GÓTICA DEBE ESTAR EN MANS PÚBLICAS E TER USO SOCIOCULTURAL OU TURÍSTICO.

Solicitamos coñecer os plans para a casa Gótica e pide a súa expropiación

Amelia Sánchez é a voceira do BNG
Amelia Sánchez é a voceira do BNG

Amelia Sánchez afirma que “a veciñanza está cansa de propaganda baleira e esixe coñecer os datos reais da reconstrución da edificación civil máis antiga da vila”.

A casa Gótica debe estar en mans públicas e ter uso sociocultural ou turístico.

Solicitamos coñecer os plans para a casa Gótica e pide a súa expropiación

Amelia Sánchez afirma que “a veciñanza está cansa de propaganda baleira e esixe coñecer os datos reais da reconstrución da edificación civil máis antiga da vila”.

A casa Gótica debe estar en mans públicas e ter uso sociocultural ou turístico.

Betanzos, 7 de setembro de 2020. O BNG preguntou no Pleno polo novo anuncio de reconstrución da casa Gótica, derruída hai doce anos.

Logo do anuncio do goberno local nas semanas pasadas da súa intención de contratar o proxecto para reconstruír a casa Gótica, a concelleira nacionalista interesouse polo estado da cuestión. As noticias na prensa sucedéronse durante todos estes anos, en diferentes sentidos, sen que nunca o goberno emprendera acción ningunha encamiñada a recuperar para uso público e a reconstruír este ben patrimonial. Segundo manifestou Sánchez “vivimos nun Día da Marmota perenne, todos os anos se anuncia a reconstrución da que foi a casa dos Velouzás, mais nunca se chega a levar a cabo. A veciñanza está cansa desta propaganda baleira”.

O novo plan do goberno local pasaría porque a casa Gótica seguise en mans privadas, cando o máis conveniente sería a súa conversión nun ben público e que fose o Concello quen asumise a súa rehabilitación e os seus usos. Nesta liña, lembran que a alcaldesa tiña comunicado a súa intención de recuperar o edificio a través da Lei de Rehabilitación da Xunta.

Desde o BNG seguen a avogar pola expropiación para o uso público, ben como centro sociocultural de uso veciñal, ben como Centro de Interpretación do Casco Histórico betanceiro.

Por outro lado, a concelleira nacionalista interesouse pola folla de ruta concreta e polos prazos do goberno local para intervir sobre este ben. Así mesmo, inqueriron sobre a partida orzamentaria con cargo á cal se vai pagar o proxecto contratado que despois se quere facer pagar subsidiariamente ao propietario.

“Gustaríanos que nos aclarasen os prazos en que se prevé facer a obra, para así poder darlle verosimilitude a este novo anuncio”, asegurou Sánchez.
 

Solicitamos coñecer os plans para a casa Gótica e pide a súa expropiación