O BNG reclama ao PSOE menos promesas e máis feitos no tema da Casa Gótica
É unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos.
Parece mentira que se atrevan a anunciar tal cousa como gancho electoral cando nin hai proxecto nin hai orzamento para esta actuación.
Betanzos, 12 de maio de 2014. Alegramonos de que en plena campaña electoral o PSOE caese na conta da necesidade de reconstruír a Casa Gotica, ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río. Ultimamente non hai campaña electoral na que PSOE e PP non se acorden do Casco Histórico, engadiu. Iso si, é unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos, ironizou.
Os nacionalistas indican que este anuncio do goberno local contrasta co feito certo e probado de que desde 2012 o goberno local do PSOE non adoptou ningún tipo de medida con respecto á Casa Gótica. En agosto de 2012 o goberno do PSOE acorda impoñer unha segunda multa de 3000 euros para tratar de forzar ao propietario a reconstruír o inmoble, explicou. Desde ese momento non hai nada máis no expediente, engade.
É unha mágoa que as campañas só duren 15 días, porque senón igual daba tempo a que pasaran de promesas que non cumpren a feitos
O PSOE non continuou coas multas para forzar ao propietario a reconstruír a Casa Gótica e só en campaña electoral se lle acorda que o Concello faga a reconstrucción e logo xire a factura ao dono do inmóbel para que o Casco Histórico recupere unha das súas xoias, engade. Parece mentira que se atrevan a anunciar tal cousa como gancho electoral cando nin hai proxecto nin hai orzamento para esta actuación, reprocha.
Os nacionalistas censuran que o goberno do PSOE asegurase aos medios en xullo de 2013 que continuaba coas multas periódicas ao propietario para forzar a reconstrución do inmóbel. A última que aparece no expediente é de agosto de 2012, aseguran. Agás botar balóns fóra, o goberno do PSOE non fixo nada polo Casco Histórico en todo o mandato, opinan os nacionalistas. O que non se pode é utilizar o Casco Histórico para atacar a Xunta do PP mentres que no que depende do Concello a inactividade é total criticou o BNG.
Dotación de mobiliario urbano para disuadir o estacionamento e facilitar a convivencia
Os nacionalistas demandan do goberno local que coloque mobiliario urbano nas rúas e prazas peonís do Casco Histórico. O PSOE retirou todo o mobiliario urbano que había, favorecendo a ocupación de rúas e prazas polos vehículos e, polo tanto, facendo imposíbel a preferencia peonil sobre estes espazos públicos.
Parece mentira que o PSOE se atreva a anunciar a reconstrucción da Casa Gótica como gancho electoral cando non hai proxecto nin orzamento para isto
Isto conleva que vida comunitaria e actividades de lecer e esparcemento non se poidan levar a cabo nas prazas da zona histórica do noso municipio, contribuíndo deste xeito a baleirar de vida e de actividade económica o Casco Histórico lamentan.