"DEFENDEMOS A ORDENACIÓN RACIONAL DO MONTE E O CULTIVO DE ESPECIES AUTÓCTONAS QUE ADEMAIS DE PROTEXER OS NÚCLEOS CONTRA OS INCENDIOS XENEREN MAIOR RENDEMENTO ECONÓMICO"

Propoñemos fomentar cultivos forestais que protexan do lume

Ana Miranda con Henrique del Río nun camiño á beira do Mandeo

"O goberno do PSOE leva catro anos sen facer nada para garantir as distancias de protección ante o lume; cremos que é fundamental garantir a seguridade e comprometémonos a garantizar a seguridade colectiva"

"Defendemos a ordenación racional do monte e o cultivo de especies autóctonas que ademais de protexer os núcleos contra os incendios xeneren maior rendemento económico"

Propoñemos fomentar cultivos forestais que protexan do lume

"O goberno do PSOE leva catro anos sen facer nada para garantir as distancias de protección ante o lume; cremos que é fundamental garantir a seguridade e comprometémonos a garantizar a seguridade colectiva"

"Defendemos a ordenación racional do monte e o cultivo de especies autóctonas que ademais de protexer os núcleos contra os incendios xeneren maior rendemento económico"

Betanzos, 11 de abril de 2019. O BNG levou a pleno a súa preocupación polo incumprimento das distancias de seguridade da lei de prevención de incendios. Unha preocupación compartida por cantidade de veciñas, a xulgar polas queixas recibidas neste sentido.

O voceiro do BNG puxo como exemplos o "incumprimentos de distancias mínimas a vías de comunicación, faixas de seguridade a núcleos de poboación, ordes de talas e limpeza de montes en cumprimento destas medidas...". "Somos conscientes de que a superficie forestal de Betanzos en comparación con outros concellos da comarca é moi cativa, pero non deixa de ser un problema de seguridade pública de primeira magnitude" advertiu Henrique del Río.

Neste sentido, reprochou que o goberno do PSOE "leva catro anos sen facer absolutamente nada neste sentido". Por este motivo, reclamou prazos concretos e medidas decididas para garantir a seguridade en torno a núcleos de poboación e vías de comunicación. "A Fiscalía está advertindo aos alcaldes da responsabilidade por non ter un plan diante desta situación", recordou.

"Non fai falla buscar pistas forestais ou lugares con dúas casas, no propio centro urbano estanse incumprindo estas medidas e xusto a carón dos edificios e das principais vías de acceso poden darse problemas debido á situación actual", explica. "É fundamental garantir a seguridade e nós comprometémonos a garantizar a seguridade colectiva nun asunto tan sensible como este", explica.

Ordenación do monte e alternativas para evitar a propagación do lume

"Defendemos a ordenación racional do monte e o cultivo de especies autóctonas que ademais de protexer os núcleos contra os incendios xeneren maior rendemento económico", explica o candidato do BNG. "Por exemplo, as castañas multiplican por seis a rendabilidade do eucalipto, ademais da posibilidade doutros usos complementarios para o monte, tamén lucrativos, como gandeiría ou produción de cogumelos, ademais de beneficios ambientais e paisaxísticos", abunda Henrique del Río.

Propoñemos fomentar cultivos forestais que protexan do lume