Propoñemos ao Pleno demandar á Xunta que se reformule de maneira integral o Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais
Para o BNG, cómpre levar adiante unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais
Demandan tamén do goberno local que execute a limpeza das faixas de protección no entorno dos núcleos habitados para garantir a seguridade dado que a seca persiste
Para o BNG, cómpre levar adiante unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais
Demandan tamén do goberno local que execute a limpeza das faixas de protección no entorno dos núcleos habitados para garantir a seguridade dado que a seca persiste
Betanzos, 26 de outubro de 2017. O BNG propoñerá ao Pleno que se celebra o vindeiro luns demandar á Xunta que se reformule de maneira integral o Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, dotándoo dun mando único e eliminando as brigadas municipais, para garantir a coordinación, a profesionalización e a homologación en formación, equipamento e condicións laborais. “Trátase de garantir a seguridade da veciñanza corrixindo eivas detectadas e mesmo denunciadas por profesionais dos servizos de emerxencias nas pasadas semanas” explica o voceiro do BNG, Henrique del Río.
As medidas que propón o BNG inclúen, ademais, que a Xunta consensúe coas restantes forzas políticas e axentes sociais implicados, os cambios precisos nas leis para poñer en valor o solo forestal e regule adecuadamente os problemas estruturais a nivel de ordenación do espazo rural e de medidas preventivas. “Non se pode permitir que se convirtan en eucaliptais as terras agrarias e prados, porque desordena o territorio e incrementa os riscos, e menos aínda nas proximidades de núcleos de poboación ou dotacións”, explica o edil do BNG.
Sen saír do centro urbano, hai ducias de parcelas a monte na Cañota, no Rollo ou nas Cascas que son un auténtico polvorín
Para o BNG, cómpre levar adiante unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais. “O mellor combate do lume é a prevención, din os que saben, e a mellor prevención é crear as condicións para que haxa actividade no sector agrogandeiro e vida nas aldeas”, explica.
No eido da seguridade ante o lume, o BNG cuestiona que o PP reducise “na metade a obriga de xestionar a biomasa vexetal nunha faixa de 100 metros arredor de calquera núcleo ou actividade situada a menos de 400 metros do monte e reduciu de 50 metros a 25, a contar desde a extrema da propiedade, a prohibición de especies que favorezan a propagación do lume (eucalipto, acacia, piñeiro...)”, explican. Por isto piden diversificar os usos do monte e combater o monocultivo de eucalipto.
As nacionalistas cuestionan que o PP desde a Xunta pretenda atribuír aos concellos funcións propias da administración forestal, como a contratación das brigadas de extinción ou a realización de labores de limpeza nos límites das masas forestais, cando carecen de financiamento público municipal. Demandan que a Xunta estableza unha maior implicación dos Distritos Forestais na colaboración cos concellos en materia de limpeza e vixilancia e delimite e asuma o mantemento de faixas de protección, coa financiación precisa.
No entanto demandan do goberno local que execute a limpeza das faixas de protección no entorno dos núcleos habitados para garantir a seguridade dado que a seca persiste. “Sen saír do centro urbano, hai ducias de parcelas a monte na Cañota, no Rollo ou nas Cascas que son un auténtico polvorín”, advirten.