PROPOÑEMOS CREAR UNHA MESA DA RÍA QUE CON CONCELLOS, XUNTA, CONFRARÍAS, ENTIDADES AMBIENTAIS E SOCIAIS FAGA SEGUEMENTO DA RECUPERACIÓN DA RÍA

Pediremos no Pleno completar a rede de saneamento e eliminar os vertidos

O BNG pedirá tamén no Pleno que o concello inste á Xunta de Galiza á elaboración dun informe sobre a calidade da auga da Ría de Betanzos, a situación do saneamento e os puntos de vertidos así como dun cronograma das actuacións previstas pola Consellería de Medio ambiente para solucionar estas deficiencias e á creación da Mesa da Ría de Betanzos

Pediremos no Pleno completar a rede de saneamento e eliminar os vertidos

O BNG pedirá tamén no Pleno que o concello inste á Xunta de Galiza á elaboración dun informe sobre a calidade da auga da Ría de Betanzos, a situación do saneamento e os puntos de vertidos así como dun cronograma das actuacións previstas pola Consellería de Medio ambiente para solucionar estas deficiencias e á creación da Mesa da Ría de Betanzos

Betanzos, 23 de xullo de 2019. O BNG pedirá no Pleno completar a rede de saneamento dotando aos núcleos sen depuración de plantas depuradoras coas solucións máis respectuosas para o medio, dispondo dun cronograma de actuacións e partidas específicas para este investimento nos orzamentos.

“Fugas da rede de saneamento municipal, eivas no funcionamento da EDAR do porto, deficiente funcionamento das decantadoras situadas na bacía do Mero, son problemas que afectan directamente á calidade de vida da nosa veciñanza, pois convén lembrar que eses ríos cunha importante carga de augas sen depurar pasan polo medio da nosa cidade, con canto iso conleva”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A maior abundar, nas últimas semanas ten trascendido mesmo problemas de infeccións en mascotas, o que acrescenta a preocupación sobre a incidencia deste problema na saúde pública posto que un pouco máis abaixo do Carregal, no inicio da ría, é frecuente o baño”.

Os nacionalistas pedirán tamén ao goberno local que faga público un mapa coas distintas saídas de augas pluviais aos ríos, para que a veciñanza poida coñecer, distinguir e identificar os aportes de auga aos caudais dos ríos e poida colaborar na localización, denuncia e eliminación de vertidos contaminantes.

“A calidade da auga na Ría de Betanzos ven empeorando nos últimos anos sen que nin a Xunta nin o Estado tomen ningunha medida para poñerlle solución no saneamento, rexeneración e restauración ambiental, e sen que o Concello de Betanzos, responsable da rede municipal de saneamento, subsane as deficiencias nas súas canalizacións e complete a súa rede de saneamento nos estándares que actualmente se exixen”, engadiu o portavoz nacionalista.

“A propia Xunta de Galiza recoñece que ten puntos de vertido localizados nesta ría en diferentes concellos como Miño, Betanzos ou Bergondo e acaba de anunciar a apertura dun expediente sancionador contra o Concello de Betanzos a consecuencia do enésimo vertido ao río Mendo, á altura do Carregal, procedente da rede municipal de saneamento”, explicou o nacionalista. “Tamén o incorrecto funcionamento das depuradoras existentes e a inexistencia de separación de pluviais e fecais e carencia de tanques de tormentas provoca problemas nas redes de saneamento nas épocas de choiva”.

Por todo isto, o BNG pedirá de novo no Pleno que o concello inste á Xunta de Galiza á elaboración dun informe sobre a calidade da auga da Ría de Betanzos, a situación do saneamento e os puntos de vertidos así como dun cronograma das actuacións previstas pola Consellería de Medio ambiente para solucionar estas deficiencias e á creación da Mesa da Ría de Betanzos nas que estean representados colectivos medio ambientais, confrarías, representantes dos concellos e dos diferentes grupos políticos que integran as corporacións e técnicos de medio ambiente. Nesta mesa faríase un seguimento da calidade da auga da Ría, dos vertidos que se producen e as consecuencias, e do cronograma acordado pola Xunta para subsanar as deficiencias.

Pediremos no Pleno completar a rede de saneamento e eliminar os vertidos