"A ALCALDESA E O PSOE OCUTARON A LIQUIDACIÓN E IMPEDIRON QUE A VECIÑANZA PUIDESE COÑECER COMO ESTABA ECONOMICAMENTE O CONCELLO PARA MANIPULAR Á OPINIÓN PÚBLICA

Cuestionamos que o goberno local ocultase a liquidación do orzamento de 2018 para evitar que o sobre a xestión económica nas municipais

PHOTO-2019-02-11-13-09-33
"Quedaron sen pagar 464 000 euros que o PSOE, como é xa tradicional, gastou sen ter fondos para pagar ou por riba do que figuraba no orzamento. Isto aboca ao Concello a ter que afrontar un novo plan de estabilidade orzamentaria como advirte a Intervención"
Cuestionamos que o goberno local ocultase a liquidación do orzamento de 2018 para evitar que o sobre a xestión económica nas municipais

"Quedaron sen pagar 464 000 euros que o PSOE, como é xa tradicional, gastou sen ter fondos para pagar ou por riba do que figuraba no orzamento. Isto aboca ao Concello a ter que afrontar un novo plan de estabilidade orzamentaria como advirte a Intervención"

Betanzos, 29 de xullo de 2019. O BNG cuestionou que o goberno local ocultase deliberadamente a liquidación do orzamento de 2018 para evitar que o debate sobre a xestión económica puidese afectar ao PSOE nas eleccións municipais. "Segundo a documentación que acompaña á liquidación, que aínda non nos foi entregada, a débeda do Concello incrementouse en máis de 600 000 euros en 2018" detalla o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Ademais, segundo o informe da liquidación, quedaron por pagar máis de 274 000 euros en facturas no caixón. "Unha cantidade que, á vista do modificativo que se presenta ao Pleno mañá, se eleva aínda a 464 000 euros que o PSOE, como é xa tradicional, gastou sen ter fondos para pagar ou por riba do que figuraba no orzamento", advirte o edil do BNG.

"Isto aboca ao Concello a ter que afrontar un novo plan de estabilidade orzamentaria como advirte a Intervención", explica Del Río. "Que se debe ao gasto descontrolado en mercadeo de vontades repartindo discrecionalmente cartos públicos, privatizando servizos sen contrato ou contratando a dedo a quen lle peta ao PSOE obviando canto di a lexislación sobre o gasto público", relata.

"É o enésimo plan de estabilidade que ten que asumir o Concello, e se fose para asumir o investimento nun novo servizo, pois até sería lóxico asumilo, pero é para afrontar o gasto desaforado de precampaña que o PSOE fixo a conta das arcas municipais, exactamente igual que hai catro anos e que hai oito" puntualiza Del Río.

"Levamos un mes exixindo o documento íntegro da liquidación do orzamento de 2018 e xa empezamos a intuir por que a alcaldesa non a aprobou, como a Lei lle obriga, en marzo e por que a ocultou ate o verán" abunda Del Río. "Tratábase de que os números non lle estragasen a campaña", ironiza o voceiro do BNG. "Ocultou a liquidación e impediu que a veciñanza puidese coñecer como estaba economicamente o Concello para manipular á opinión pública" engade.

Denuncia no Valedor pola negativa a entregar a liquidación

"A Lei de Facendas locais estabelece que a presidenta da corporación está obrigada a confeccionar a liquidación do orzamento antes do primeiro día de marzo e darlle traslado ao Pleno da corporación na sesión inmediatamente posterior, é dicir, no pleno ordinario de marzo", indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. "Desde esa data levamos tentando que nola dean", engade.

"Mesmo chegaron a dar conta ao pleno da liquidación sen presentarnos o documento á oposición" relata. Todo isto fixo que o BNG presentase unha denuncia na Valeduría do Pobo. "Déronnos unha resolución e un informe que falan da liquidación pero non esa liquidación, é unha tomadura de pelo e dá a pista de por onde vai ir o PSOE esta lexislatura", conclúe.
 

Cuestionamos que o goberno local ocultase a liquidación do orzamento de 2018 para evitar que o sobre a xestión económica nas municipais