O BNG POÑERÁ EN MARCHA UNHA LIÑA DE TRANSPORTE NOCTURNO PARA COMUNICAR AS PARROQUIAS E REDUCIR A SINISTRALIDADE ASOCIADA Á MOVIDA.

Incluiremos aos grupos noveis na programación cultural anual do Concello

BNG-BETANZOS; VISITA ANA PONTON.20-maio-2019...................................PRESENTACION CANDIDATURA;...................................20-ABRIL-2019................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................17-marzo-2019
Ana Pontón e Henrique del Río. Foto Arume

Abrirá o estudo de Radio Betanzos para que graben maquetas e as popularizará na emisora municipal.

Poñerá en marcha unha liña de transporte nocturno para comunicar as parroquias e reducir a sinistralidade asociada á movida.

Incluiremos aos grupos noveis na programación cultural anual do Concello

Abrirá o estudo de Radio Betanzos para que graben maquetas e as popularizará na emisora municipal.

Poñerá en marcha unha liña de transporte nocturno para comunicar as parroquias e reducir a sinistralidade asociada á movida.

Betanzos, 23 de maio de 2019. O BNG comprometeuse a mellorar as instalacións dos locais de ensaio de Bellavista, un servizo que precisamente crearon as nacionalistas en 2003. “Hai que mellorar as instalacións e as prestacións que se lle dá aos grupos noveis neste espazo”, indicou o candidato nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas comprometéronse a mellorar as instalacións dos locais de ensaio e a mellorar as súas prestacións coa dotación de equipos que poidan ser de uso común para todas as bandas que os utilizan. “Hai que potenciar ademais sinerxias entre os propios locais e a escola de música e o conservatorio municipais”; engaden.

Desde o BNG apostan por completar os servizos dos locais poñendo a disposición dos grupos o estudo de Radio Betanzos- ubicado xusto enfronte- para grabar as súas maquetas. “Ao reabrir a emisora municipal, ademais, estaremos en disposición de facer chegar esta música e dala a coñecer a todos os fogares de Betanzos”; aputa Del Río.

“Contaremos cos grupos noveis para a programación cultural anual do Concello”, indicou Del Río, “mesmo no programa das festas patronais de San Roque e non para encher un día frouxo do programa como actualmente fai o PSOE”.

Neste sentido, o BNG aposta por reforzar a presenza dos grupos locais e o protagonismo de novas agrupacións cun concurso de bandas noveis. “Hai un potencial enorme entre os novos grupos e precisan unha oportunidade, e nós estamos dispostas a dárllela”, explica Del Río.

O nacionalista destaca que “unha experiencia semellante ao que propomos puxémolo hai anos en marcha no Festigal- o festival que organizan as mocidades do BNG o 24 e 25 de xullo, que recibiu o premio Martín Códax ao mellor festival do país e en cuxo equipo organizador estivo durante anos Del Río- cunha resposta impresionante por parte dos grupos noveis”.

Transporte nocturno para a mocidade

 

O BNG tamén defendeu a necesidade de crear liñas de transporte nocturno para a mocidade. As nacionalistas entenden que permitirá reducir a sinistralidade vinculada ao lecer nocturno e comunicar as parroquias co centro. "Pode utilizalo tamén quen teña que traballar en horario nocturno" abunda Del Río.

Desde o BNG entenden que este servizo é complementario ao que pretenden impulsar para comunicar as parroquias coa capital municipal. "Acercará a administración, a programación cultural e de lecer a todos os recunchos do concello e permitirá retirar coches das estradas, que é un ben para todas", engaden.

Incluiremos aos grupos noveis na programación cultural anual do Concello