“SE NON VOS RESIGNADES A TER O QUE TEMOS, SE CREDES QUE MERECEMOS UN FUTURO MELLOR E QUE PODEMOS TELO, PÍDOVOS QUE CONCENTREDES O VOTO NO BNG, PARA CONSTRUÍR DESDE O LUNS UNHA CIDADE MELLOR APOSTANDO POLO QUE NOS FAI DIFERENTES”

Pechamos a campaña pintando o Betanzos con ideas claras que construiremos a partir do domingo

“Se non vos resignades a ter o que temos, se credes que merecemos un futuro mellor e que podemos telo, pídovos que concentredes o voto no BNG, para construír desde o luns unha cidade mellor apostando polo que nos fai diferentes”

Pechamos a campaña pintando o Betanzos con ideas claras que construiremos a partir do domingo

“Se non vos resignades a ter o que temos, se credes que merecemos un futuro mellor e que podemos telo, pídovos que concentredes o voto no BNG, para construír desde o luns unha cidade mellor apostando polo que nos fai diferentes”

Venres, 24 de maio de 2019. O BNG pechou hoxe a campaña electoral na praza do concello ás 19 h. cunha actividade chamada “Debuxa o Betanzos que queres” no que as diferentes persoas que se achegaron así como membros da candidatura nacionalista pintaron sobre unha foto en branco e negro da praza o que quererían para Betanzos, como árbores e persoas paseando.

A continuación o candidato á alcaldía, Henrique del Río, fixo unha breve intervención para agradecer o traballo e esforzo das persoas que colaboraron na campaña e o alento de todos os veciñas e veciñas. “Estamos xa na conta atrás para abrir un tempo novo en Betanzos e para darlle a esta cidade o goberno con ideas claras que precisa para sacudirse a resignación e e empezar a construír o Betanzos que merecemos”, afirmou Del Río.

O candidato nacionalista dirixiuse “a todas as persoas que levades Betanzos no corazón, ás que credes que merecemos una cidade mellor, un Betanzos máis xusto, máis igualitario e máis verde, que estea súa historia e da súa identidade e que a proxecte no futuro para ser máis ricos, máis solidarios e mellores como cidade e como sociedade”.

“Nós non queremos xestionar o devalo desta cidade, senón que queremos transformala en beneficio da veciñanza, como estamos a facer en vilas e cidades parecidas, coma Allariz, Pontevedra ou Ribadeo”, asegurou. “Se non vos resignades a ter o que temos, se credes que merecemos un futuro mellor e que podemos telo, pídovos que concentredes o voto no BNG, para construír desde o luns unha cidade mellor apostando polo que nos fai diferentes”, preoseguiu.

Henrique del Río rematou citando a Eduardo Galeano, que dicía que “moitas persoas pequenas, en sitios pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo”. “Non vos resignedes, animádevos a cambiar o mundo desde Betanzos”, concluíu.

Zona de los archivos adjuntos
 

Pechamos a campaña pintando o Betanzos con ideas claras que construiremos a partir do domingo