O BNG amósase contrario a pechar as pistas deportivas coa excusa do vandalismo

“Non se pode criminalizar á mocidade por practicar botellón e á vez pecharlle as instalacións deportivas municipais que viñan sendo a única alternativa de lecer para a mocidade”

Betanzos, 30 de decembro de 2011. O BNG opúxose no pleno á proposta de CxB de pechar completamente as pistas polideportivas do Carregal e limitar o seu uso a un horario concreto a definir polo goberno local. Segundo o concelleiro nacionalista Xosé Vales, “non se poden pechar dúas das catro pistas polideportivas de Betanzos e impoñerlle á xente o horario no que ten que practicar deporte”.

Para o BNG esta medida limita as alternativas de ocio da xente nova. “Non se pode criminalizar á mocidade por practicar botellón e á vez pecharlle as instalacións deportivas municipais que viñan sendo a única alternativa de lecer para a mocidade”, segundo Xosé Vales.

“Hai que concienciar á xente nun uso responsábel das instalacións de todos”, entende o edil nacionalista, que apunta que “a solución non pasa por pechar espazos públicos e restrinxir as alternativas de lecer”.
 
O BNG amósase contrario a pechar as pistas deportivas coa excusa do vandalismo