mandeo
Novas

O BNG demandou ao goberno local que poña fin aos verquidos nas Hortas da Cañota

O desbroce realizado polo Concello en setembro deixou á vista un verquido da rede de saneamento por varias fincas e a cuberta escachada de fibrocemento con amianto do vello secadoiro de lúpulo da Cañota

O resultado de ambos vertidos acaba no Mandeo, un espazo protexido na Rede Natura que conta con varias especies en grave risco de desaparición ás que un vertido deste tipo pode afectar directa e gravemente.

Ler novas
Vídeo
Non ao espolio dos nosos recursos!

Non ao espolio dos nosos recursos!

Vídeo do acto reivindicativo o venres pasado 19 de marzo na minicentral da Castellana. Desde o BNG reclamamos que se recupere a xestión pública destas concesións e que se eliminen as que teñan un impacto ambiental nos nosos ríos. Non ao espolio dos nosos recursos!
Ler novas
Novas
Caneiros 1

Advertimos no pleno do mal estado de limpeza e mantemento que presenta o Campo dos Caneiros

Suxiren ao goberno municipal que coloque novos paneis poñendo en valor toda esta diversidade e o valor cultural tanto da romaría como do centenario campo da festa, e que efectúe o mantemento e limpeza adecuados

desde o BNG demandan tamén que Concello e Portos se poñan de acordo para retirar as embarcacións abandonadas nos peiraos e na propia bacía dos ríos, para que non supoñan un perigo para navegantes nin para o medio.

Ler novas
Novas

Preguntamo o goberno pola cesión das vivendas do IGVS no Casco Histórico á veciñanza da Ribeira afectada polas inundacións

Del Río: “A veciñanza do barrio da Ribeira que leva anos a sufrir estas inundacións quere saber se hai algo detrás destes anuncios ou se terán que seguir convivindo coas enchentes nas súas vivendas”

“Segundo a proposta de orzamentos xerais do Estado do Partido Popular non hai un só euro para paliar as inundacións no barrio da ribeira, problema que parece claro que depende do Estado e que o Estado anunciara hai décadas que contaba cun proxecto para solventar. Este proxecto nunca chegou a facerse público nin moito menos a executarse”.

Ler novas