Chamamos á veciñanza a participar no roteiro convocado polas ecoloxistas contra o paseo do Mandeo
As nacionalistas respaldan os actos convocados por dez entidades da comarca e lanzan material sobre o trazado e seu impacto nas redes e na rúa. Ao roteiro que se celebrará este domingo ás 10 desde o paseo das Monxas asistirá o deputado nacionalista Xosé Luis Rivas, “Mini”.
As nacionalistas respaldan os actos convocados por dez entidades da comarca e lanzan material sobre o trazado e seu impacto nas redes e na rúa. Ao roteiro que se celebrará este domingo ás 10 desde o paseo das Monxas asistirá o deputado nacionalista Xosé Luis Rivas, “Mini”.
Betanzos, 20 de xaneiro de 2017. O deputado do BNG Xosé Luis Rivas, “Mini”, participará o vindeiro domingo no roteiro informativo-reivindicativo convocado o domingo ás 10 no paseo das Monxas por dez entidades ecoloxistas e culturais da comarca en contra do trazado do paseo até os Caneiros que o goberno local sacou a contratación sen avaliación de impacto ambiental. As nacionalistas xa presentaron un recurso pola licitación dun proxecto de obra por parte do Concello de Betanzos no municipio do lado, onde non ten competencias.
As nacionalistas reiteraron o hamamento a veciñanza de todos os concellos que atravesa o Mandeo a participar no roteiro informativo-reivindicativo convocado o domingo ás 10 da mañá no paseo das Monxas polas dez asociacións culturais e ecoloxistas da comarca que se opoñen ao trazado. As nacionalistas, que apoian todos estes actos, chaman igualmente á veciñanza a se informar sobre este proxecto e a súa repercusión no medio natural e humano, convidando a asistir ao acto informativo que acollerá a Libraría Biblos o vindeiro sábado desde as sete do serán, organizado tamén polas dez entidades sociais que cuestionan o trazado da senda.
Material divulgativo en todas as casas e mais nas redes sociais
O BNG ven de editar material informativo sobre o trazado para informar á veciñanza do que supón este investimento de máis de medio millón de euros á beira do río. Por unha banda, remitiron a todas as casas do concello un boletín específico sobre o trazado, os motivos polos que se opoñen a el e o impacto do proxecto tal e como está formulado polo goberno local do PSOE no río, tanto na fauna como no comportamento da auga.
Este material compleméntase cun dossier sobre este proxecto na plataforma storify, onde se pode seguir toda a historia deste proxecto. Ademais, o BNG rescatou o power point que proxectara en decembro de 2014, durante unha charla pública sobre este paseo, e publicouno na plataforma youtube para que, xunto coa información adicional sobre o proxecto publicada no web das nacionalistas, ningunha veciña quede sen coñecer os detalles do proxecto.
“Era o goberno local quen tiña que informar á veciñanza sobre o que pretende facer entre A Cañota e Os Caneiros, e antes de ter sacado a contratación a obra”, explica o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Unha vez máis vemos que o PSOE actua dunha maneira totalmente opaca, pero nós somos leais á veciñanza e informámola con todos os medios ao noso alcance”, conclúe.