Novas
Salvador González é concelleiro do BNG

O BNG pediu que se retiren das rúas os parquímetros da ORA

Salvador González: “Máis de cinco anos despois da desaparición da ORA os parquímetros que regulamentaban este servizo continúan instalados nas nosas rúas, impedindo en moitas ocasións a circulación dos peóns e confundindo ás persoas que nos visitan e que non coñecen a regulamentación para aparcar na vía pública”
Ler novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O Pleno acordou por unanimidade a proposta do BNG para celebrar o 650 aniversario da Crónica Troiana

Desde o BNG insistiron en que esta obra é un monumento da nosa literatura nacional na Idade Media e por iso pediron tamén ao goberno local que difunda a súa importancia entre a veciñanza, cunha programación cultural e instalando un elemento conmemorativo no entorno de San Francisco

O Pleno acordou tamén demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza e instar aos grupos do Parlamento de Galiza a demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza

Ler novas
Vanessa Rey é concelleira do BNG

O Pleno aprobou por unanimidade a proposta do BNG para resolver as deficiencias do complexo deportivo do Carregal

Vanessa Rey: “Levamos case unha década insistindo en que os servizos xestionados directamente pola administracións funcionan mellor, son máis eficientes e as persoas que traballan neles teñen mellores condicións. Alegrámonos de que finalmente o PSOE e o PP nos dean a razón e esteamos avanzando na remunicipalización, xa que isto vai garantir mellores servizos para toda a veciñanza”

Ler novas
Vanessa Rey é concelleira do BNG

O BNG solicita medidas para o coidado dos gatos de rúa

As nacionalistas mantiveron unha reunión con diversas persoas que se encargan do coidado destes animais e trasladáronlle ao pleno a necesidade de coñecer se o goberno local está a traballar nesta liña e se, efectivamente está a redactar un protocolo de actuación para o coidado das colonias felinas.

Ler novas