O pleno, por iniciativa do BNG, reclama á Xunta que dote o ambulatorio do Carregal de pediatras e especialistas
Salvador González: "despois do último concurso de traslados e da asignación de novas pediatras ao noso centro de especialidades, estase a comunicar ás familias que acaban de ter bebés que as pediatras non teñen cupo, forzándoas a presentar escritos para que se lle asigne un pediatra aos seus fillos e fillas".
"Faría ben o PP en demandarlle á Xunta que poña pediatras e especialistas no centro de saúde do Carregal en lugar de vir ao Pleno a defender a indefendíbel política de desmantelamento da sanidade pública da Xunta"