O BNG pide un informe que aclare as consecuencias da non aprobación do plan de axuste
Amelia Sánchez: “É importante que toda a veciñanza teña información de cales son as consecuencias da non aprobación do plan de axuste e en que se concreta desde o punto de vista económico, canto vai deixar de ingresar o concello das transferencias do Estado e durante canto tempo”
O BNG de Betanzos denuncia que "as subas de impostos e os recortes débense á pésima xestión económica do Goberno municipal nos últimos anos"
Amelia Sánchez: "A pesar das múltiples advertencias do BNG durante os últimos anos, o goberno local seguiu gastando sen control e incrementando os gastos superfluos e agora as consecuencias desta política irresponsábel ímola pagar todos os veciños e veciñas"
"Neste momento o Concello está obrigado a aprobar un plan de axuste, que ten que recoller obrigatoriamente as subidas do IBI e o IVTM, ademais dun recorte do 5% no gasto de persoal e gasto corrente”
"Ímonos abster no Pleno, por responsabilidade, porque se o Plan de Axuste non saíse aprobado as consecuencias serían aínda peores para Betanzos. Pero non imos permitir que se minta á veciñanza. Todo isto é responsabilidade do desastre de xestión económica do PSOE"