O BNG propón a creación dun regulamento para a cesión dos locais sociais municipais
Vanessa Rey: Cómpre regular esta situación e darlle a opción a todos os colectivos que forman parte do tecido asociativo de Betanzos a que conten cunha sede propia”
Vanessa Rey: Cómpre regular esta situación e darlle a opción a todos os colectivos que forman parte do tecido asociativo de Betanzos a que conten cunha sede propia”
Vanessa Rey: “ é necesario que se cree un calendario de usos dos locais sociais, indicando os ocos dispoñíbeis para que calquera persoa poida solicitalos, e que esas solicitudes se poidan realizar a través dun formulario dixital en tempo e forma”
“Unha mellora en que se recollan aspectos como o mantemento das instalacións, a eliminación das barreiras arquitectónicas e a instalación de elementos para a eficiencia enerxética dos locais como placas solares e cargadores eléctricos para uso da veciñanza”
Tamén instarán ao goberno local a deseñar un programa de actividades para os locais sociais das parroquias con propostas como actividades para a dinamización da lectura, grupos teatrais, actividades para os diferentes sectores de idade
“O regulamento de uso dos locais sociais prevé que haxa, en cada un deles, un calendario de usos indicando ocos dispoñíbeis para que calquera persoa poida solicitalos. Tamén que haxa esa mesma información no web e se poidan solicitar a través dela. Ningunha destas dúas exixencias do regulamento en vigor se cumpre”
Dotar aos locais de rede wifi, ludotecas, axencias de lectura e actividades para os máis maiores, algunhas das propostas. O BNG aprobará anualmente subvencións para as asociacións veciñais e impulsará os festexos tradicionais de barrios e aldeas.