Pedimos que se garanta o cumprimento do regulamento de usos dos locais sociais

Un acto do BNG nun local social

“O regulamento de uso dos locais sociais prevé que haxa, en cada un deles, un calendario de usos indicando ocos dispoñíbeis para que calquera persoa poida solicitalos. Tamén que haxa esa mesma información no web e se poidan solicitar a través dela. Ningunha destas dúas exixencias do regulamento en vigor se cumpre”

Betanzos,  13 de marzo de 2018. O BNG reclamou no Pleno o cumprimento do regulamento de usos dos locais sociais municipais. “O regulamento de uso dos locais sociais prevé que haxa, en cada un deles, un calendario de usos indicando ocos dispoñíbeis para que calquera persoa poida solicitalos. Tamén que haxa esa mesma información no web e se poidan solicitar a través dela. Ningunha destas dúas exixencias do regulamento en vigor se cumpre”, explicou o portavoz do BNG Henrique del Río.

“Na práctica este incumprimento do regulamento imposibilita que calquera asociación ou colectivo poida facer uso destes locais que é o espírito do regulamento en vigor”, engadiu o portavoz nacionalistas. “Xa o trasladamos ao Pleno noutras ocasións sen que, polo de agora, adoptasen ningunha medida ao respecto”, criticou Del Río. “Consideran normal incumprir a súa propia normativa? Por que motivo non se compren estes extremos? Cando pensan solventalo? Non cren que así está a se dificultar o uso destes locais que todas mantemos a unha parte da veciñanza?”, cuestionou o portavoz do BNG.

“Na práctica os locais sociais municipais funcionan como locais de asociacións concretas e resulta moi complicado que outras asociacións ou colectivos poidan facer uso deles. Hai un regulamento aprobado sobre os usos deste locais xusto co espírito contrario a este uso por parte dunha soa asociación pero este regulamento vense incumprindo dende que se aprobou sen que vexamos que o goberno teña intención de facelo cumprir”, concluíu.
 
Pedimos que se garanta o cumprimento do regulamento de usos dos locais sociais