ensino publico
Novas

O BNG pediu á Xunta que complete a reforma do Vales Villamarín e amplíe o comedor

Amelia Sánchez: “A día de hoxe, o comedor do centro de referencia atende a máis de 200 alumnos e alumnas, cando está pensado para dar servizo a 80. En consecuencia, o alumnado debe xantar en dúas quendas, o que condiciona fortemente a prestación do servizo e a calidade do mesmo. Por tanto, faise necesaria unha ampliación e mellora das instalacións do comedor do centro”

Ler novas
Novas
Reunión coa ANPA do CEIP Vales Villamarín

O BNG esixe melloras nos centros educativos de Betanzos

As nacionalistas consideran que o elevado deterioro dos centros educativos públicos de Betanzos fan imprescindíbel que sexan incluídos nos Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para a súa completa reforma.

No mesmo pleno, o BNG presentará unha moción de apoio á iniciativa lexislativa popular de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria.

Ler novas
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O BNG solicita melloras na xestión do servizo de comedor e mañanceiros do CEIP Vales Villamarín

Os servizos de comedor e de mañanceiros son indispensábeis para a conciliación da vida familiar e laboral, polo que é necesario mellorar a súa xestión, actualizar o proceso de notificación das admisións e das bonificacións e realizar os trámites necesarios para eliminar as dúas quendas, indicou Amelia Sánchez.

No mesmo pleno solicitarase o mantemento, mellora, sinalización e posta en valor do camiño dos Caneiros, pechado de maneira parcial logo de varios derrubes no seu trazado.

Ler novas
Opinión

Recortes ao inicio de curso... outra vez

O PP desde a Xunta continúa coas constantes agresións ao ensino público a que nos teñen acostumadas. Setembro tras setembro desde hai anos repítense as supresións de profesorado nos centros educativos públicos e de servizos complementarios como os de transporte escolar, bolsas ou comedores.

Ler novas
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O BNG pedirá no Pleno a creación dun Servizo de Atención Temperá

Desde o BNG solicitarán no Pleno que se inicien os trámites para crear o Servizo de Atención Temperá, que se estableza unha canle de comunicación cos Departamentos de Orientación dos centros educativos para detectar e atender estes casos e que se inclúa o Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Atención Temperá

Ler novas