Novas

Propoñemos fomentar cultivos forestais que protexan do lume

"O goberno do PSOE leva catro anos sen facer nada para garantir as distancias de protección ante o lume; cremos que é fundamental garantir a seguridade e comprometémonos a garantizar a seguridade colectiva"

"Defendemos a ordenación racional do monte e o cultivo de especies autóctonas que ademais de protexer os núcleos contra os incendios xeneren maior rendemento económico"

Ler novas
Xuntanza coa ANPA Brigantium no CEIP Vales Villamarín

Comprometémonos a que o Concello asumirá xestión das actividades extraescolares nos centros escolares públicos

"Semellante volume de traballo exixe unha dispoñibilidade e un grao de entrega que non se lle pode exixir a ninguén de xeito diario e voluntario. Máxime cando son as administracións- Xunta e Concello- e non unha asociación as responsábeis destas actividades extraescolares"

"Que haxa actividades extraescolares é imprescindíbel para que haxa xornada continuada e iso está demostrado que repercute nunha maior calidade do ensino"

Ler novas
WhatsApp Image 2017-11-27 at 18.18.28

Convocamos un pleno extraordinario para acordar o secuestro do contrato de axuda no fogar

Os grupos da oposición acordaron dar este paso tras non concluírse o expediente aberto polo goberno local hai uns meses, e logo de que Secretaría emitise outro informe onde considera evidentes e graves os incumprimentos do contrato, mais desaconsella a rescisión do mesmo.

Ler novas
PHOTO-2019-02-11-13-09-33

Poñeremos en marcha un sistema de rotación gratuíto para o estacionamento no centro

As nacionalistas demandaron no pleno que se retiren os expendedores dos tickets da ORA xa que, a pesar de suprimirse, seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario alguén tenta sacar un recibo.

Demandan que se poña un servizo público de guindastre, xa que o Concello ten persoal e material para facelo e que se distribúan as tarxetas de residentes deste 2019.

Ler novas
WhatsApp Image 2017-11-27 at 18.18.28

Solicitamos apoio aos demais grupos da oposición para convocar un pleno extraordinario e rescindir o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

"A rescisión do contrato impediría que esta empresa poida volver presentarse e levar un contrato, se non se fai nada impide que volva facerse co servizo e manteña esta situación”

“Nós temos claro que o prioritario ten que ser a calidade do servizo que se presta, o benestar das persoas que o utilizan e a calidade do traballo para as traballadoras por riba de calquera outra consideración”

Ler novas