Novas

Alegrámonos de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento case dous anos despois de realizalas

“Estes resultados reflicten dúas cousas a falta de credibilidade nos procesos de participación que por en marcha o goberno, por iso temos só 55 persoas que fixeron a enquisa nun concello de máis de 13 mil habitantes. Por outra banda de forma case xeneralizada un rexeitamento ao Plan de aparcamento e mobilidade proposto polo goberno local e unha petición de avanzar na peonalización como mellor alternativa para o Casco”

Ler novas
quique meli

Celebramos a posta en marcha da área de autocaravanas, que levamos décadas propoñendo

Betanzos ten que ter infraestrutura diversificada para acoller todo tipo de perfís turísticos, algo do que historicamente carece. Por este motivo o BNG promoverá a creación dunha empresa pública que xestione un cámping municipal e unha rede de establecementos hoteleiros no entorno monumental

“Esta instalación é outra proba de que as propostas que fai o BNG son as que Betanzos precisa para avanzar”

Ler novas
BNG; Betanzos;
01-DECEMBRO-2018;

Del Río: "non abonda con que a Xunta compre unhas casas no Casco Histórico, o goberno ten que actuar xa"

O BNG demanda ao goberno local que tome medidas agora en defensa do Casco Histórico, tanto para protexer o patrimonio como para garantir a seguridade da veciñanza.

"Fai falta un proxecto claro de rehabilitación do Casco Histórico, crear as condicións para que sexa un barrio para vivir e traballar que é algo que o goberno do PSOE non asume. Nós témolo claro e cremos que é posíbel igual que o foi en Allariz, Ribadeo ou Pontevedra"

Ler novas

Levaremos ao Pleno a situación do PAC e o centro de saúde do Carregal e as deficiencias no servizo sanitario

O BNG pedirá o apoio do Pleno para esixir ao goberno galego que substitúa a xornada completa aos profesionais do centro de saúde do Carregal cando falten a consecuencia de baixas, vacacións, licenzas ou permisos para garantir un servizo de calidade, nomeadamente en servizos coma pediatría, xinecoloxía ou matrona

Pediremos igualmente que se substitúa aos profesionais do PAC nas súas ausencias, evitando que teñan que asumir as consultas os demais profesionais da quenda coa conseguinte carga de traballo, nomeadamente en servizos con usuarias hipercualificadas como urxencias psiquiátricas

Ler novas