Novas
Illa de colectores no inicio da rúa do pintor Seixo Rubio

O BNG reclama a limpeza e recolocación dos colectores de lixo

O BNG entende que “non hai espacio abondo para instalar colectores de maneira satisfactoria para a veciñanza, porque ocupan o espazo público que teñen que compartir persoas, vehículos e, en moitos, casos, terrazas de hostalaría” e urxe a repensar o modelo de recollida optando polo “porta a porta”

Ler novas

O BNG urxe ao goberno do PSOE a actuar diante das ruínas que ameazan caer sobre a rúa

"É importante que a administración municipal teña unha actitude proactiva, que ofreza solucións sen esperar a que a vecñnanza se achegue a pedir, e resulta fundamental nisto unha Oficina de Rehabilitación ben equipada, que dinamice esta importante tarefa como se fai noutros moitos municipios”.
Ler novas
Vanesa Rey é concelleira do BNG

O BNG volve reclamar a reunión da comisión para facer seguemento dos acordos no Consorcio das Mariñas

“A pesar de que o pasado mes de xaneiro o pleno demandou a convocatoria para coñecer todos os detalles destas reunións e negociacións do Consorcio, esta comisión non se convocou aínda e seguimos sen información nin documentación sobre este tema” reprobou Vanesa Rey. 
Ler novas
Imaxe de arquivo dun vertedoiro a carón da área de autocaravanas

O BNG reclama a limpeza do entorno da área de autocaravanas

“Resulta lamentábel que o propio goberno local do PSOE utilice e promova tirar entullo nesta parcela, próxima ao barrio da Ribeira e a estación do tren e a equipamentos turísticos, deportivos e de lecer degradando o entorno”.
Ler novas
Unha vista da Fonte dos Ánxeles

O BNG demanda no Pleno o mantemento de fontes e lavadeiros

“O patriomonio é algo máis que igrexas e pazos, e semella que o goberno local do PSOE non é quen de atender a riqueza patrimonial de Betanzos, nin de comprender que hai patrimonio que recuperar e no que investir alén da praza do Campo”
Ler novas
O paseo das Monxas cheo de coches

O BNG demandou no Pleno recuperar espazos no centro da cidade para as persoas

Vanessa Rey: “mentres a maioría de cidades europeas gañaran espazos peonís tras a pandemia, Betanzos perdeu 2000 metros cadrados en pleno centro para facer outro estacionamento”

O BNG criticou tamén que se instale un sinal para permitir aparcar as motos na praza do Campo, mentres non se acota o espazo á que fai referencia o propio sinal

Ler novas

O BNG exixe a convocatoria inmediata de todas as liñas de subvencións a entidades e clubs para este 2025

Reproban que o executivo do PSOE deixou sen convocar as liñas de axudas pactadas destinadas a entidades como as ambientais ou as comisións de festas, que finalmente se viron excluídas da convocatoria de subvencións municipais que o goberno de María Barrral lanzou nos últimos meses do ano.

“Non resulta admisíbel que un goberno elixa e premie a unhas entidades dándolles fondos públicos e prexudique a outras deixándoos sen elas porque todas as persoas do municipio son as que aportan eses fondos públicos e, en consecuencia, todas teñen dereito a eles"

Ler novas