Del Río: “O PSOE supedita a proteción do Pasatempo á ordenación urbanística do Carregal”

“O PP gastou case 600.000 euros en obras no Pasatempo que non incidiron na conservación da súa parte histórica”.

Del Río: “O PSOE supedita a proteción do Pasatempo á ordenación urbanística do Carregal”

“O PP gastou case 600.000 euros en obras no Pasatempo que non incidiron na conservación da súa parte histórica”.

Betanzos, 4 de novembro de 2011. O BNG explicou hoxe a súa postura sobre a posibilidade de declarar Ben de Interese Cultural o Pasatempo. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, referiuse ao estado actual de abandono que presenta o parque. “O PP gastou case 600.000 euros en obras no Pasatempo que non incidiron na conservación da súa parte histórica”.

Do mesmo xeito, lembrou que o Concello tivo que devolver 1.385.000 euros máis os xuros de demora por unha condena do Supremo dado que o goberno do PSOE empregou unha escola taller que tiña que rehabilitar o parque noutras tarefas. “Agora supeditan a proteción do Pasatempo á ordenación urbanística do Carregal” indicou Del Río, que recordou que o BNG se opuxo a ordenación urbanística que o PSOE fixo no Carregal.

“O BNG defende a conservación e posta en valor do patrimonio como motor económico para a creación de emprego” apuntou Antón Sánchez, candidato do BNG ao Senado. “O uso que se fixo dos fondos do Plan E non só non contribuíu á creación de emprego senón, como se pode ver no caso do Pasatempo, tampouco axudou á conservación e posta en valor do patrimonio”, indicou.

Os nacionalistas atopan un paralelismo na postura do PP co Pasatempo e co Casco Histórico. “Nos dous casos o PP esqueceunos durante catro anos e agora saca da manga plans e declaracións efectistas que non teñen un traslado real na recuperación dos dous referentes monumentais de Betanzos”.
 

Del Río: “O PSOE supedita a proteción do Pasatempo á ordenación urbanística do Carregal”