“SE SEMPRE É NECESARIO TER OS ESPAZOS PÚBLICOS BEN LIMPOS, CANTO MÁIS AGORA QUE HAI QUE ESTREMAR AS PRECAUCIÓNS E MANTER DISTANCIAS SOCIAIS DE SEGURIDADE”

Denunciamos que un grupo de mozos se viu obrigado a limpar a pista polideportiva de Castro pola falta de atención do goberno local

Unha vista da pista a medio desbrozar
Unha vista da pista a medio desbrozar
“Se sempre é necesario ter os espazos públicos ben limpos, canto máis agora que hai que estremar as precaucións e manter distancias sociais de seguridade”
Denunciamos que un grupo de mozos se viu obrigado a limpar a pista polideportiva de Castro pola falta de atención do goberno local


“Se sempre é necesario ter os espazos públicos ben limpos, canto máis agora que hai que estremar as precaucións e manter distancias sociais de seguridade”

Betanzos, 13 de xullo de 2020. O BNG denunciou no pleno que un grupo de mozos de Castro-Pontellas se viu obrigado a limpar a pista polideportiva da parroquia debido á falta de atención do goberno local. “Trouxemos en repetidas ocasións nos últimos anos a falta de limpeza e mantemento de varias pistas deportivas do municipio, como a de Castro” recordou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Foi en balde, e nin sequera agora que a alternativa de lecer é o espazo aberto precisamente”, lamenta o edil nacionalista. “Nas últimas semanas, ante a falta de iniciativa do goberno local, un grupo de mozos acometeron, cos seus propios medios, a limpeza da pista deportiva de Castro para poder utilizala” asegurou o portavoz municipal do BNG.

As nacionalistas cuestionan que a veciñanza se vexa obrigada a facer este tipo de tarefas debido ao desleixo do goberno do PSOE. “Non vemos normal que a veciñanza teña que acabar por facer estas cousas para poder utilizar infraestruturas públicas” lamenta Del Río.

Neste sentido, desde o BNG urxiron ao executivo local a acometer a limpeza dos espazos públicos do municipio. “Se sempre é necesario ter os espazos públicos ben limpos, canto máis agora que hai que estremar as precaucións e manter distancias sociais de seguridade” indica o voceiro do BNG.

Denunciamos que un grupo de mozos se viu obrigado a limpar a pista polideportiva de Castro pola falta de atención do goberno local