“COA SITUACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DERIVADA DA PANDEMIA, PARÉCENOS TOTALMENTE FÓRA DE LUGAR QUE O GOBERNO DO PSOE ADIASE A RESOLUCIÓN DESTAS AXUDAS ATA O 9 DE XULLO”.

Pedimos que o goberno local convoque as bolsas escolares no inicio do curso

Xuntanza coa ANPA Brigantium no CEIP Vales Villamarín
Xuntanza coa ANPA Brigantium no CEIP Vales Villamarín
As nacionalistas recibiron “numerosas queixas porque, rematando xuño, aínda non está resolta- e polo tanto, pagada- a convocatoria de bolsas escolares para o curso 2019-20, que obviamente rematou”.
Pedimos que o goberno local convoque as bolsas escolares no inicio do curso

As nacionalistas recibiron “numerosas queixas porque, rematando xuño, aínda non está resolta- e polo tanto, pagada- a convocatoria de bolsas escolares para o curso 2019-20, que obviamente rematou”.

“Coa situación económica e social derivada da pandemia, parécenos totalmente fóra de lugar que o goberno do PSOE adiase a resolución destas axudas ata o 9 de xullo”.

Betanzos, 10 de xullo de 2020. O BNG denunciou no Pleno que o goberno local do PSOE non resolvera aínda as bolsas para material escolar do curso 2019-2020. As nacionalistas explicaron que recibiran “numerosas queixas porque, rematando xuño, aínda non está resolta- e polo tanto, pagada- a convocatoria de bolsas escolares para o curso 2019-20, que obviamente rematou”. 

O voceiro do BNG, Henrique del Río, explica que “xa antes da declaración do estado de alarma, o pasado 14 de marzo, iría xa moi tarde a resolución”. Destaca que “o normal é resolver este tipo de axudas no primeiro trimestre do curso, que é cando país e nais fan o desembolso máis importante en material escolar”. 

Ademais, asegura que “coa situación económica e social derivada da pandemia, parécenos totalmente fóra de lugar que o goberno do PSOE adiase a resolución destas axudas ata o 9 de xullo”. “Casualmente, despois de denunciar un atraso deste calibre e o prexuízo que implica para as familias, a tres días das eleccións o goberno local saca a listaxe provisional das axudas”, indican desde o BNG.

“A Administración local funcionou, segundo a alcaldesa, con total normalidade con teletraballo e resolveu moitos outros trámites todo este tempo, así que non se entende este atraso nun tema tan sensible coma este”, engade Del Río. “Xa tiña que ser unha cuestión prioritaria no inicio do pasado curso escolar, e máis se cabe durante o estado de alarma debido ás consecuencias que ten para boa parte da nosa veciñanza”, abunda o edil do BNG. 

“Levamos anos demandando que estas axudas deixen de convocarse no medio do verán, que se convoquen xusto na recta final do curso anterior ou xusto no inicio, para garantir que nais e pais teñen as bolsas no primeiro trimestre, para afrontar os pagos máis importantes en libros e material escolar” explica Del Río. 

Pedimos que o goberno local convoque as bolsas escolares no inicio do curso