“CONSIDERAMOS QUE O GASTO DEBERA IR A POLÍTICAS QUE GARANTAN O RESCATE DAS PERSOAS MÁIS AFECTADAS, E QUE SE PODE FACER UN RECOÑECEMENTO DIGNO CUN GASTO REDUCIDO”

Propoñemos homenaxear cun mural e unha oliveira a todas as persoas da primeira liña contra a covid

BNG; Betanzos;
17-novembro-2018;
As nacionalistas propoñen para os premios Garelos á Asociación de Amigos do Pasatempo, a IXP Viño da Terra de Betanzos e o equipo mixto de futsal que se presentou o pasado ano ao San Roque de Futbol Sala.
Propoñemos homenaxear cun mural e unha oliveira a todas as persoas da primeira liña contra a covid

As nacionalistas propoñen para os premios Garelos á Asociación de Amigos do Pasatempo, a IXP Viño da Terra de Betanzos e o equipo mixto de futsal que se presentou o pasado ano ao San Roque de Futbol Sala.

Betanzos, 16 de xullo de 2020.  BNG trasaladou onte á comisión de honras as súas propostas para o recoñecemento institucional do Concello de Betanzos a todas as persoas que estiveron en primeira liña contra a pandemia da covid-19. “Consideramos que o gasto debera ir a políticas que garantan o rescate das persoas máis afectadas, e que se pode facer un recoñecemento digno cun gasto reducido” explica o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

Neste sentido, desde o BNG propoñen dous elementos complementarios. Por unha banda, un mural, “nun sitio preferente que reproduza as profesións que estiveron na primeira liña (produtores de alimentación, sanitarias, persoal dos supermercados, emerxencias, persoal de SAF, Correos, etc)”.  “Pode ser deseñado por algún grafitteiro local e pintado de xeito participativo contando coas crianzas de Betanzos”, suxiren as nacionalistas.

Por outra banda, propoñen tamén a plantación dunha árbore simbólica (por exemplo, unha oliveira) nun lugar preferente e unha inscripción no pavimento rodeándoa. Tanto neste caso coma no do mural, o BNG propón que as inscricións recollan expresamente a gratitude da veciñanza de Betanzos con todas as persoas que estiveron na primeira liña contra a pandemia.

As nacionalistas, ademais, queren “trasladar todo o noso apoio e forza as persoas afectadas pola covid en Betanzos e facer un chamamento á calma á veciñanza, a tomar todas as medidas de protección necesarias para frear a transmisión do virus e sobre todo a apoiarnos entre nos neste momento tan duro”. Neste sentido, manifestan a solidariedade do BNG “cos veciños e veciñas que viven dun pequeno negocio ou da hostalaría e que estan sufrindo as consecuencias desta situación”.

Premios Garelos para Amigos do Pasatempo, a IXP Viño de Betanzos e o equipo mixto de futsal

Na mesma comisión presentáronse as propostas para os Premios Garelos, que concede o Concello cada dous anos. “Cremos que estes premios podían concederse cun proceso participativo, como vimos dicindo todos estes anos, consultando á veciñanza para buscar un recoñecemento máis amplo”, explica Del Río.

O BNG propuxo para o premio Garelos, na categoría de cultura, á Asociación de Amigos do Pasatempo, “polo seu traballo en torno á posta en valor e investigación do parque e a consecución do BIC”. Para o Garelos de deporte a proposta das nacionalistas foi a equipa de futsal mixta que o pasado ano abriu o debate sobre este tipo de equipos nas competiciòns deportivas ao presentarse e ser excluída do Torneo San Roque que organiza o Concello. 

Na categoría de comercio e industria o BNG propuxo a IXP VIños da terra de Betanzos, “polo traballo de posta en valor dos viños, acreditada coas puntuacións outorgadas hai unhas semanas polo catador da Guía Parker”. “Sería un xesto de apoio do Concello de Betanzos a un sector que debera ser estratéxico tanto no municipio como na comarca”, abunda Del Río. 

Propoñemos homenaxear cun mural e unha oliveira a todas as persoas da primeira liña contra a covid