O BNG LAMENTA A OPORTUNIDADE PERDIDA QUE SUPUXERON OS PROXECTOS DE MELLORA DO CASCO HISTÓRICO

O BNG lamenta a oportunidade perdida que supuxeron os proxectos de mellora do Casco Histórico

Amelia Sánchez: “O problema fundamental do Casco Histórico non é o mobiliario urbano, senón a cantidade de vivenda que temos tanto no casco como nos barrios históricos ou os problemas de mobilidade e servizos que arrastramos”
O BNG lamenta a oportunidade perdida que supuxeron os proxectos de mellora do Casco Histórico

Amelia Sánchez: “O problema fundamental do Casco Histórico non é o mobiliario urbano, senón a cantidade de vivenda que temos tanto no casco como nos barrios históricos ou os problemas de mobilidade e servizos que arrastramos”

Betanzos, 24 de xaneiro de 2025. Perante as noticias e comentarios que suscita o novo mobiliario urbano do casco histórico, así como as actuacións que se están a desenvolver na zona histórica de Betanzos ao abeiro dos fondos europeos Next Generation, desde o BNG insisten en que as prioridades do Casco Histórico son outras. "Son actuacións que non atacan ningún dos problemas estruturais que ten o Casco Histórico", advirten. "O casco histórico ten graves problemas de mobilidade, de vivenda e de perda de poboación e servizos, entre outros. Nós fariamos outro tipo de investimentos para intentar solucionar esa problemática”, indicou a voceira nacionalista, Amelia Sánchez.

As nacionalistas indican que están a favor de unificar o mobiliario urbano ou crear zonas verdes na zona monumental, e consideran positivos os investimentos no Casco Histórico e sobre todo os espazos verdes tan necesarios para humanizar e dotar de vida a zona histórica. “Do que estamos en contra é da execución concreta destes proxectos. De feito, a proposta do BNG era crear esas zonas verdes que se están a facer realidade, cando o PSOE propuña construír un aparcamento soterrado tras do conservatorio, mais non do xeito que se está a facer”, engadiu a voceira do BNG.

“No BNG consideramos que hai actuacións máis necesarias neste momento, coa cantidade de vivenda que temos a caer no casco e barrios históricos ou os problemas de mobilidade e servizos que arrastramos", incidiu Amelia Sánchez, "Pescadería, mobiliario e parques, son investimentos pensados de cara ao turismo e non de cara a veciñanza que reside no Casco Histórico".

Ademais, no BNG consideran que non era a zona para instalar mobiliario de corte contemporáneo, por máis que se diga inspirado na obra de González Villar. "O patrimonio é o investimento estratéxico de futuro e desenvolvemento que ten que facer Betanzos e debería verse así para investir en cuestións de fondo que dean a volta ao estado do Casco Histórico, e non en intervencións cosméticas como as que impulsou en solitario e case en segredo o PSOE", conclúen.

O BNG lamenta a oportunidade perdida que supuxeron os proxectos de mellora do Casco Histórico