O BNG DEMANDOU NO PLENO QUE O GOBERNO LOCAL DO PSOE SE DIRIXA A FOMENTO PARA RECLAMAR O AMAÑO DA N-651 AO SEU PASO POLO BARRIO DA PONTE VELLA

O BNG demanda o amaño do firme no cruce da Ponte Vella

Salvador González é concelleiro do BNG
Salvador González é concelleiro do BNG
O BNG demandou no pleno que o goberno local do PSOE se dirixa a Fomento para reclamar o amaño da N-651 ao seu paso polo barrio da Ponte Vella
O BNG demanda o amaño do firme no cruce da Ponte Vella

Betanzos, 29 de marzo de 2025. O BNG demandou no pleno que o goberno local do PSOE se dirixa a Fomento para reclamar o amaño da N-651 ao seu paso polo barrio da Ponte Vella. O concelleiro nacionalista Salvador González sinalou o “estado lamentábel do firme” e ironizou con que ás “fochancas que nalgún momento eran pequenas convertéronse nas ultimas semanas, debido o trafico pesado que soporta esta estrada, nun grande burato en todo o cruce, provocando, a parte de incomodidade nos condutores un problema grande de seguridade viaria, xa que os mesmos condutores para evitar a fochanca nalgúns momentos invaden o carril contrario”. 

Urxiu ao executivo local do POE a demandar ao goberno español a pronta reparación da calzada neste punto para evitar a situación de inseguridade e perigo actual. O BNG ten demandado en varias ocasións que esta vía se ceda ao municipio debido, entre outras cousas, á incapacidade do goberno español para ofrecer seguridade viaria á veciñanza dos barrios da Ponte Vella, Ribeira, Madalena e mais da Angustia que cruza a N-651.

O BNG demanda o amaño do firme no cruce da Ponte Vella