“A OMS ESTIMA QUE É PRECISA UNHA ÁRBORE POR CADA TRES HABITANTES PARA TER UN AIRE DE CALIDADE NAS CIDADES E CANDO MENOS ENTRE 10 E 15 METROS CADRADOS DE ZONA VERDE POR HABITANTE E BETANZOS ESTÁ MOI LONXE DE CHEGAR A ELES, CUNHA ÁRBORE PARA CADA 7 BETANCEIRAS”
O BNG propón un plan de infraestruturas verdes para incrementar e poñer en valor o arboredo urbano
“A OMS estima que é precisa unha árbore por cada tres habitantes para ter un aire de calidade nas cidades e cando menos entre 10 e 15 metros cadrados de zona verde por habitante e Betanzos está moi lonxe de chegar a eles, cunha árbore para cada 7 betanceiras”
As nacionalistas propoñen ademais convocar un certame fotográfico e mostra para o centenario da visita de Ruth Matilda Anderson o vindeiro 2026 e rexeitar o proxecto da macrocelulosa ALTRI
“A OMS estima que é precisa unha árbore por cada tres habitantes para ter un aire de calidade nas cidades e cando menos entre 10 e 15 metros cadrados de zona verde por habitante e Betanzos está moi lonxe de chegar a eles, cunha árbore para cada 7 betanceiras”
As nacionalistas propoñen ademais convocar un certame fotográfico e mostra para o centenario da visita de Ruth Matilda Anderson o vindeiro 2026 e rexeitar o proxecto da macrocelulosa ALTRI
Betanzos, 24 de abril de 2025. O BNG propoñerá no Pleno a elaboración, de xeito participativo e contando coas achegas de asociacións e entidades, dun plan de infraestruturas verdes. O cometido do documento, segundo explican as nacionalistas, é “poñer acento na protección da flora e do patrimonio arbóreo da cidade”.
Desde o BNG destacan que a ONU ten identificado os beneficios que sobre a saúde física e mental das persoas, a temperatura das rúas e prazas (rebaixándoa entre 2 e 8 graos), a absorción de gases nocivos, os efectos para clima e biodiversidade e mesmo a revalorización das propiedaeds inmobiliarias ten a presenza de árbores nas cidades. Neste sentido, as nacionalistas indican que a OMS estima que é precisa unha árbore por cada tres habitantes para ter un aire de calidade nas cidades e cando menos entre 10 e 15 metros cadrados de zona verde por habitante.
“Betanzos está moi lonxe de cumprir estes parámetros, atendendo á documentación xustificativa do PXOM en trámite e mais ao contrato de mantemento de zonas verdes que ven de sacar a licitación o goberno do PSOE”, indican desde o BNG. Lembran que, excluíndo o Pasatempo, no municipio hai 1850 árbores segundo este contrato -o que dá a unha árbore para máis de 7 betanceiras, dobrando as ratios da OMS- e 465 xardineiras no espazo público da cidade ”que no BNG entendemos deben ser a última opción cando non hai posibilidade de ter xardíns, mais non substituílos”.
As nacionalistas lembran que “a falta de arboredo nos espazos urbanos xa ten motivado recorrentes iniciativas deste grupo, solicitando a conservación de pés singulares, posta en valor de exemplares ou grupos senlleiros, reposición de árbores mortas, realización de podas respectuosas ou incremento do número de exemplares nas rúas e prazas susceptíbeis de plantación”. “Avogamos por realizar unha elección adecuada de variedades, evitando árbores de grande crecemento ou de floración prexudicial para as persoas alérxicas, especies autóctonas ou variedades que non precisen a instalación de regadío ou tratamentos adicion” explican.
Por este motivo, desde o BNG propoñerán que se incremente o número de árbores, se promocionen as especies autóctonas e se erradiquen as invasoras. Ademais, propoñen que se poña en valor os elementos singulares do arboredo urbano, promovendo a declaración como árbores senlleiras do magnolio centenario da praza de Lanzós e dos conxuntos centenarios de plátanos de sombra da Feira Nova ou praza de Afonso VIII e mais do Campo dos Caneiros.
As nacionalistas propoñerán tamén que se poña en marcha, mediante un proceso participativo aberto a veciñanza, entidades veciñais e sociais, a redacción e execución dun plan de infraestruturas verdes, pondo o acento na protección da flora e do patrimonio arbóreo da cidade.
Certame fotográfico e mostra para o centenario da visita de Ruth Matilda Anderson
As nacionalistas propoñerán noutra moción conmemorar o centenario da visita da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson, que se cumpre no vindeiro 2026, cun ciclo de actividades. Entre elas, o BNG propón a convocatoria dun certame fotográfico inspirado nas imaxes da documentalista americana e a organización dunha mostra coas instantáneas que tomou en Betanzos.
Posicionamento contra ALTRI
Ademais, o BNG propoñerá que Betanzos, seguindo a outros moitos municipios do país, se posicione contra da instalación da macrocelulosa ALTRI na Ulloa. “Tras denegar os fondos para a descarbonización hai que manter a presión para evitar o desastre ecolóxico e económico que a macropasteira pode supoñer para o país”, indican as nacionalistas.