O BNG vota en contra da aprobación da conta xeral de 2019
A protección e xestión do patrimonio é o exemplo máis claro: con 835 817 euros para investir na recuperación do patrimonio histórico, deixaron sen usar 749 343 euros. Non investiron nin a décima parte do que podían, mentres o Pasatempo, o casco histórico e outros elementos patrimoniais continúan nun estado lamentábel
Así, amosa un gasto en “atencións protocolarias”, é dicir, en protocolo, agasallos, pinchos, convites e demais de 135.776, 88 euros -14 veces máis do que aparecía no orzamento municipal levado a pleno-. Igualmente, recolle un gasto de 43.966, 91 euros en publicidade