orzamentos 2021
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG anunciou o seu voto en contra da proposta de orzamento para 2021 do goberno local

A portavoz do BNG Amelia Sánchez explicou que o voto en contra do BNG se debe á falta de investimento propio en temas fundamentais para o BNG como o Casco Histórico ou a reconstrución da Casa Gótica e ao novo incremento do gasto en privatizacións, ao incremento das subvencións nominativas adxudicadas a dedo sen ningún tipo de criterio público.

“O goberno local adquiriu un compromiso coa plataforma de hostalería dunha nova orde de axudas dotada con 150 000 euros, mais no orzamento esta cantidade non aparece recollida”

Ler novas
Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O BNG demanda a modificación do proxecto de orzamentos do PSOE para incluír axudas para a hostalería

O goberno local levará a Pleno a aprobación do orzamento para este ano no que non contempla ningunha partida para unha nova liña de axudas á hostalería”.

É unha incoherencia por un lado comprometerse a apoiar o sector e despois no seu propio orzamento non reservar un só euro para estas axudas, máxime cando na FEGAMP se está a propor a reserva dun 1% dos orzamentos municipais para estas axudas”, advirte Sánchez.

Ler novas