Propoñemos bonificar as propiedades vinculadas ao sector primario para compensar o “catastrazo”
Os nacionalistas piden que se aplique a bonificación ás construcións vinculadas ao sector primario como aprobou o Pleno no mes de abril. Para compensar esta baixada, o BNG propón dúas vías: que paguen o IBI os bens da igrexa non suxeitos ao concordato e que se grave as segundas vivendas baleiras.